ESQUERDA UNIDA APOIA E PIDE A PARTICIPACIÓN MASIVA DOS VIGUESES E VIGUESAS NA MANIFESTACIÓN POR UN HOSPITAL 100X100 PÚBLICO

sossanidadeA deputada de Alternativa Galega de Esquerda, Eva Solla e o coordenador local de EU de Vigo Rubén Pérez chamaron hoxe á participación da cidadanía na mobilización que mañá xoves celebrarase en Vigo (saída ás 20 horas da Praza de España) en defensa da sanidade pública e por un novo hospital 100×100 público. Eva Solla lembra que AGE pediu no parlamento galego mediante unha enmenda aos orzamentos 2013 a expropiación da concesión ante o incumplimento flagrante do contrato por parte de UTE privada constructora. O rexeitamento do PP amosa que está completamente nas mans das constructoras privadas e que aposta decididamente por un modelo de xestión hospitalaria privada.

Esquerda Unida denuncia que a Xunta de Galicia, lonxe de garantir o correcto funcionamento do sistema sanitario público galego, está a deterioralo coa intención de facelo inviábel e así facilitar a súa privatización. A Xunta do PP considera a sanidade como unha grande oportunidade para o capital privado, o seu gran aliado, e por iso crea artificialmente situacións de desprestixio para facilitar o argumentario do Goberno do PP cara a privatización da sanidade.

EU rexeita con rotundidade a redución orzamentaria que está a experimentar a sanidade pública galega e a decisión da Consellería de Sanidade de permitir a entrada de capital privado no financiamento e xestión das infraestruturas sanitarias. A devandita estratexia privatizadora está a provocar unha grande perda de calidade do servizo que a cidadanía xa está comezando a padecer.

Esquerda Unida reitera a súa defensa de unha sanidade pública, gratuíta e universal, ao tempo que critica as actuacións privatizadoras e de desprestixio levadas a cabo polo Goberno do PP. Asemade esixise unha rectificación das medidas levadas a cabo até o de agora como son a privatización e atrasos na construción do Novo Hospital de Vigo, o abandono do Plan de Mellora de Atención Primaria, do Plan de Saúde Mental, do Plan de Drogodependencias e da atención sociosanitaria e outras moitas actuacións que quebran o estado do benestar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: