ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE AS CIDADES DEPORTIVAS OU OS MACROCENTROS DE OCIO NON SON O MODELO DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO QUE PRECISA VIGO

EU lembra que o 70% dos centros deportivos da cidade permanecen pechados durante a fin de semana por falla de personal no IMD, polo que consignar un solo euro a un macroproxecto de cidade deportiva, dun club privado de fútbol, é inasumible por un Concello que di fomentar o deporte de base. Igualmente considera un “eloxio ao exterminio do pequeno comercio” a apertura dun novo macrocentro comercial e de ocio en Cabral, e lembra que esta empresa é especialmente insistente en conquerir a “liberdade absoluta de horarios de apertura” nos centros que xestiona.

Puerto Venecia Parque ComercialEU cualifica a Eurofond de exemplo de compañía que deseña centros comerciais co modelo norteamericano de “liberdade absoluta de horarios”, como así ten reiteradamente denunciado IU na cidade de Zaragoza do seu centro Puerto Venecia, ou mesmo unha compañía con proxectos parados polos concellos por falla de credibilidade financeira como en Collado Villalba. Este centro comercial será a tumba do pequeno e mediano comercio en Vigo xa que tememos que, como en Zaragoza, pida a declaración de “zona de afluencia turística” que permite liberdade absoluta de apertura nos comercios e negocios que conteña.

EU esixe ao Concello de Vigo que, especialmente, evite casos como o de Collado Villaba onde o pleno do concello parou a concesión dos terrenos a esta empresa, neste caso Eurofund Investments A Vila S.L. xa que, se fose esta a adxudicataria deste concurso, ao entender que o convenio urbanístico perxudicaba de xeito evidente ao concello. Curiosamente, prácticamente o financiamento do proxecto asumíano as arcas municipais no canto da empresa promotora durante case sete anos, pois caso de adxudicarse este dereito de superficie en novembro de 2010 e até 2017, no canto de satisfacer os 7.700.000 euros correspondentes ao canon mínimo establecido, a facenda local só ingresaría 2,5 millóns. É dicir, que se produciría unha plusvalía en favor da concesionaria de 4,5 millóns de euros. Esquerda Unida permanecerá vixilante ante o convenio urbanístico e a fórmula que neste caso sexa empregada en Vigo.

No tocante a cidade deportiva do Celta lembra que, este clube xa explota en “réxime de monopolio” unha instalación deportiva pública como o estadio de Balaidos, agora con cafeterías e lugares onde se celebra actividade económica lucrativa, polo que considera que o compromiso da cidade co club está “suficientemente cumprido” e que tanto as obras a acometer no estadio de Balaidos como a construcción da suposta nova cidade deportiva que inclúe hoteis e espacios con evidente lucro económico, ten que ser acometido “en exclusividade” polo clube.

Vigo precisa doutra acción económica, especialmente orientada á defensa da industria naval e de automoción que sería capaz de absorber máis do 50% do desemprego local segundo datos das propias centrais sindicais. Unha política impositiva xusta que evite as “vacacións fiscais e impositivas” de determinados sectores económicos e que prime o de “quen máis ten, máis pague”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: