8 DE MARZO: SEN IGUALDADE NON HAI DEMOCRACIA

8 marzo 2013

Desde os inicios do movemento feminista, as mulleres estamos a loitar por unha sociedade mellor que iguale en dereitos e oportunidades a todas as persoas. As mulleres fomos e seguimos sendo as impulsoras e promotoras de grandes cambios que contribuíron decididamente ao enriquecemento da democracia, de tal maneira que demostramos positivamente que sen nós, esta non existe.

Democracia significa que homes e mulleres dispomos das mesmas oportunidades e dereitos. Por iso nós reivindicamos a nosa incorporación activa e plena a todos aqueles ámbitos aos que aspiremos, e que nunca, polo feito de ser mulleres, nos estean vetados, porque consideramos que a paridade é consustancial coa democracia.

Democracia significa que mulleres e homes compartimos sen trabas nin vetos todo o tempo e todos os espazos. Por iso non deixamos de insistir en que ambos deben distribuírse equitativamente, de tal maneira que as responsabilidades sexan compartidas.

Democracia significa pleno emprego, de calidade, ben retribuido, sen discriminacións de ningún tipo. Por iso as mulleres feministas rexeitamos a Reforma Laboral que comezou o PSOE e que o PP concretou cunhas condicións case de escravitude e que prexudican gravemente ás mulleres.

Democracia significa que cada persoa é dona do seu corpo, das súas decisións e das súas posicións ante a vida. Por iso nós loitamos para que non nos obriguen a reproducir actitudes ou comportamentos prefixados, senón que poidamos ser autónomas e libres para dispor da nosa existencia. Por iso defenderemos decididamente que non se modifique de maneira restritiva o aborto, nin ningún dereito sexual e que non estamos dispostas a que a igrexa católica siga interferindo na vida das mulleres.

Democracia significa que as diferenzas, diversidades e opcións non marcan ningún tipo de exclusión ou discriminación. Por iso é polo que as mulleres non recuaremos no noso empeño de que se acaben dunha vez por todas, todos os comportamentos sexistas e patriarcales. Por iso desde Esquerda Unida defendemos unha sociedade que non consinta, nin permita, nin avale que as mulleres sigan sendo discriminadas nin explotadas en ningunha das súas formas.

Democracia significa que o respecto e a liberdade son valores irrenunciables. Por iso para nós a autonomía persoal e económica, a capacidade de movemento, de elección e o emprego, son dereitos que conforman o concepto de igualdade de xénero.

Democracia significa que o Estado atende a través dos servizos públicos, todas as necesidades da cidadanía. Por iso opoñémonos ás leis como a da dependencia que nos relega aos coidados, por iso rebelámonos ante todo tipo de involucións sociais que leven a que ás mulleres se nos arrebaten os dereitos conquistados.

Democracia significa erradicar das estruturas sociais todos os condicionantes, costumes ou formas culturais que discriminen ou exclúan. Por iso as mulleres feministas loitamos por unha sociedade na que homes e mulleres sexan iguais e onde a xustiza e a equidade sexan os cimentos fundamentais nos que se basee a política.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: