ESQUERDA UNIDA PROPÓN QUE O CONCELLO ACTÚE COMO ENTIDADE COLABORADORA DOS SERVICIOS PÚBLICOS DE EMPREGO A HORA DAS CONTRATACIÓNS DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL

Concello_de_VigoEU considera necesario erradicar a fórmula da contratación mediante convenios e que os candidatos e candidatas saían directamente de listados das oficina de emprego da cidade e que o Concello simplemente bareme os criterios de situación familiar, risco de exclusión laboral, etc… a formación prepara unha proposta de BASES DE SELECCIÓN que toma como referencia o exitoso plan de emprego municipal de Xixón coparticipado na anterior lexislatura por IU da cidade.

Para EU a pesar das reiteradas denuncias de varios colectivos, entre os que se atopa ESQUERDA UNIDA, da arbitrariedade na contractación laboral subvencionada con recursos públicos asignados ao orzamento, o certo é que o PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL para o 2013 corre un serio risco de seguir incidindo nesta vía errónea de xestión administrativa pese ao anuncio do Alcalde de cambiar a concurso público o sistema de contratación.

Non é casual este cambio xa que era moi evidente que mediante a fórmula de CONVENIOS con asociacións (nos que non existe unha fórmula de proceso selectivo e simplemente se require dende o Concello o contrato asinado e os TC1 e TC2 dos traballadores empregados) estábase a xestionar unha cantidade importante de recursos públicos que, se ben en ocasións axudan a manter estructuras xa existentes en diversos colectivos e non existen novas contratacións, noutros casos, os máis, as subvencións directas devengan en novos contratos carentes de toda garantía de igualdade e publicidade no acceso ao devandito posto de traballo.

Por isto, EU propoñe ao Concello de Vigo a fórmula de proceso selectivo público que parta das oficinas de emprego da cidade e que unha comisión municipal integrada por: Un Presidente: Concelleiro de Promoción Económica,Emprego e Participación Cidadá; Uns Vogais: Un polo equipo de goberno, un por cada sindicato presente no comité do concello e dous técnicos Municipais (o responsable da oficina de promoción económica e o Coordinador Xeral de Servizos). E un Secretario.

O proceso de selección sería realizado por accións OPEA (polo tanto o Concello deberá convertirse en entidade colaboradora cos sevicios públicos de emprego) conforme ao proceso seguinte:

  • Convocatoria Xenérica a través do Servicio Galego de Colocación.
  • Sesión de Información para o Emprego na que se expón o obxecto da convocatoria, as características do Plan e os criterios básicos de selección. Na mesma sesión faise entrega da documentación que debe ser cumprimentada polo solicitante e entregada posteriormente por OPEA.
  • Recollida da documentación e baremación conforme aos criterios de selección estipulados.
  • Elección dos candidatos e comprobación da veracidade dos datos, previa á firma do contrato, polo Servizo de Relacións Laborais e OPEA.
  • Apertura dun prazo de 10 días naturais de presentación de alegacións.
  • Selección definitiva dos beneficiarios.
  • Prazo de 10 días para a presentación de reclamacións á Comisión de Selección e Control.

Os beneficiarios do Plan, terían que cumprir uns requisitos obrigatorios, dependendo da vía de acceso ao Plan. Existirían tres vías: para mozos en busca do primeiro emprego, para desempregados en xeral e para persoas en situación de urxencia social; excepto neste último caso, aplicaranse uns criterios de prioridade para establecer unha orde de acceso dentro das persoas que cumpran os requisitos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: