ESQUERDA UNIDA DE VIGO PIDE QUE SE DEIXE DE NOMEAR A CONCELLEIROS NON ELECTOS EN VIGO

O coordenador local de Esquerda Unida de Vigo, Rubén Pérez, lembra que o PSOE a través do seu responsable federal de política municipal Gaspar Zarrias, manifestouse en novembro do ano pasado en contra da lei de grandes cidades e este sistema de nomeamento, pedíndolle ao goberno a súa modificación. EU denuncia que mediante esta lei “ate un tercio do goberno municipal pode estar formado por personas sen acta de concellerio”.

EU lembra que dende que Corina Porro instaurou esta fórmula de elección de concelleiros que non foron refrendados polas urnas elexiuse a dedo a personas incluso para levar concellarías tan deteminantes como a de urbanismo. Para EU que estos concelleiros non podan participar no pleno (ao non ter acta de concelleiros) supón unha vulneración do órgano que ten que fiscalizar a política municipal. ¿Como unha oposición pode fiscalizar a labor dunha concelleira que non forma parte do pleno do concello?

EU non discute a valía ou capacidade da nova concelleira non electa Olga Alongo, da que ESQUERDA UNIDA garda unha especial lembranza pola súa defensa da pluralidade de relacións políticas da UGT cos partidos máis aló do propio PSOE; pero o que temos aquí en liza “é a defensa dun modelo de municipalismo diferente”.

EU sempre manifestou a súa rotunda oposición á lei 57/2003, do 16 de decembro, “de medidas para la modernización del gobierno local”, especialmente porque reforza o carácter PRESIDENCIALISTA dos alcaldes, e o poder executivo de órganos como a xunta de goberno (onde se aproban centos de convenios e subvencións) fronte ao PLENO, verdadeiro “parlamento local” onde debe dirixirse a prioridade do municipalismo de esquerda.

Especialmente perigoso para EU, engadíu Rubén Pérez, é o artigo 126 onde se recolle: El Alcalde podrá nombrar como miembros de la Junta de Gobierno Local a personas que no ostenten la condición de concejales, siempre que su número no supere un tercio de sus miembros, excluido el Alcalde. Sus derechos económicos y prestaciones sociales serán los de los miembros electivos.”

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: