ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A IMPORTANTE DIMINUCIÓN DE TRANSPORTE PÚBLICO ENTRE VIGO E O VAL MIÑOR

Esquerda Unida oponse ao plan de reestruturación do transporte público presentado á Xunta pola empresa concesionaria do servizo: ATSA. Dito plan céntrase na eliminación de liñas de autobuses e unha importante redución dalgunhas delas. Aínda que o recorte do servizo do transporte público afecta tanto as comarcas do Val Miñor como a do Baixo Miño, este prodúcese maioritariamente na comarca do Val Miñor.

Esquerda Unida non comparte a idea presentada por ATSA de eliminar a cláusula de obrigatoriedade da prestación do servizo e para disimular o impacto da medida ofrecerse a prestar “voluntariamente” algúns servizos, xa que iso vai a implicar a súa paulatina desaparición.

Entre os servizos que ATSA pretende non estar obrigada a prestar están 7 das frecuencias que pasan por Panxón dirección Vigo. Igualmente a empresa pretende ter só a obriga de prestar 4 servizos diarios de ida e volta de luns a venres, prestando voluntariamente outros 4 servizos. No caso de Baiona preténdese non ter a obrigación de prestar 15 servizos a Vigo.

Para Esquerda Unida o problema de fondo no transporte público é o modelo concesional do transporte público para a súa explotación por empresas privadas, xa que con este modelo as empresas pretender manter so as liñas rentabeis economicamente, sen compensar as liñas que lle dan perdas coas que lles dan beneficios. A Esquerda Unida tamén lle preocupan as perdas de emprego que poden producir estas medidas.

Esquerda Unida considera que para incentivar o transporte colectivo de viaxeiros hai que considerar dito transporte como un servizo e non como un negocio. Elo supón que dito servizo terá que ser prestado por empresas públicas, e que o transporte colectivo sexa de calidade e barato. É necesario subvencionar dito servizo mediante partidas orzamentarias destinadas a empresas públicas. Tamén é necesario que a planificación do transporte de viaxeiros se faga a nivel metropolitano, que o billete de autobús se abarate e que se ofrezan novas modalidades de billetes para tódolos usuarios que promovan o uso máis frecuente do autobús, como poden ser: ida e volta, transferencia, viaxes múltiples, etc. A título de exemplo para ir de Gondomar a Baiona hai que facer transbordo en Ramallosa e comprar dous billetes da mesma empresa.

Esquerda Unida denuncia o retraso inxustificado na elaboración e implantación dun plan de transporte metropolitano, que xa existe noutras areas metropolitanas, polo que esixe as administracións implicadas a súa posta en marcha.

Lembra Esquerda Unida que a Xunta de Galicia ten orzamentados para este ano 5.887.600 euros para o transporte metropolitano dentro do fomento de transporte público, cantidade que no ano 2012 foi de 6.241.237 euros, dos que non poden quedar esquecidas as nosas dúas comarcas.

Por último, Esquerda Unida de toda a comarca de Vigo convoca a unha reunión a todos os colectivos sociais e persoas interesadas no tema o próximo mércores, día 6 de febreiro as 20:00 no Centro Cultural O Torreiro de Priegue, para informarlle dos recortes no transporte público, así como as alternativas de mobilidades no Val Miñor e as medidas que se poden tomar para intentar paliar estes recortes.

acto nigran buses

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: