ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA URXENTE ABORDAR A CREACIÓN DUN CONSELLO LOCAL DE SEGUIMENTO DAS CONTRATAS MUNICIPAIS PARA REDUCIR A CRISPACIÓN SOCIAL EXISTENTE QUE HOXE TRASLADOUSE AO PLENO

O coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez e o responsable de política municipal do consello local da formación Julio Fernández asistiron hoxe ao pleno de Vigo constatando o grave problema de xestión democrática que o Concello desempeña no seguimento das contratas de servizos públicos municipais como as instalacións deportivas, limpeza, seguridade de edificios públicos como o M.A.R.C.O, etc.

Concello_de_VigoESQUERDA UNIDA xa propuxera durante as municipais a creación dun CONSELLO LOCAL DE SEGUIMENTO DAS CONTRATAS MUNICIPAIS que integre a goberno local, oposición, comités de empresa ou delegados sindicais, asociacións de veciños como usuarios e asociacións de consumidores como garantes da calidade do servizo.

Este consello realizaría unha labor complementaria da actual OFICINA DE SEGUIMENTO DE CONTRATACIÓN na que soamente teñen voz e decisión corporativos, dando unha voz á veciñanza ante os graves problemas laborais, dotacionais das contratas, incluso sería para o coordenador local de EU “un verdadeiro garante de que os pregos das concesións están a ser escrupulosamente cumpridos.

Este goberno local non pode dar o silencio e a indiferenza por resposta a sentencias xudiciais ante despidos no IMD que dan a razón aos traballadores e traballadoras como denunciou hoxe no pleno a CIG. Non pode dar por bos informes de técnicos municipais que en ocasións enmascaran eivas importantes no cumprimento de contratos que son servicios públicos esenciais e dos que moitos cidadáns dependen na súa vida cotiá.

EU considera que o alcalde debería abrir o pleno, facelo no auditorio e deixarse de vitimismo sobre as interrupcións do público, lembra que esta cidade viviu plenos moi tensos durante episodios tráxicos como a reconversión naval e os concelleiros e concellerías estiveron sempre á altura independentemente do nivel de crispación nun órgano que, “emana directamente da vontade popular”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: