ESQUERDA UNIDA PIDE A PARALIZACIÓN URXENTE DAS OBRAS NO ENTORNO DO CONCELLO ANTE A PRESENCIA DE CASETAS DE VARIAS COLONIAS DE GATOS

obras parquingEU lembra que a “demolición orquestada” dende o Concello da actividade de Proxecto Gato está causando eivas gravísimas na protección nas colonias de gatos na nosa cidade. “Ningunha obra pública ou privada está sobre o dereito a vida animal, algo que parece non entender este goberno municipal”

EU lembra que estas casetas, postas por voluntarios de xeito altruísta, dan protección a máis de 90 animais e están ameazadas polas obras que entre a Praza do Rei e o terreo da antiga panificadora se están a realizar

O fin do convenio con Proxecto Gato para EU está supoñendo a concreción dunha política de protección animal desastrosa, a gateira da protectora da Madroa parece un mero “almacén pre-extermino” de animais e aumentan as colonia de gatos sen esterilizar na cidade, non existindo actualmente un censo, ou un control reprodutivo e sanitario do estado das mesmas

ESQUERDA UNIDA pide ao Concello que paralice de inmediato as obras e que a Concellaría de Medio Ambiente traslade de xeito ordenado e con protocolos de actuación adecuados as directivas de protección animal os felinos a un lugar seguro e con control veterinario

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: