ESQUERDA UNIDA PIDE AO CONCELLO A APERTURA DUN PORTAL WEB PARA REGULAR TODA A CONTRATACIÓN LABORAL DE ASOCIACIÓNS, SINDICATOS E ORGANIZACIONS NON GUBERNAMENTAIS FINANCIADA CON CARTOS PÚBLICOS DENTRO DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL

Concello_de_Vigo

O coordenador loca de EU en Vigo, Rubén Pérez, reclamou a apertura dun portal de emprego donde se informe á cidadanía de todos os procesos de contratación derivados de recursos públicos do PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL independentemente de quen sexa o “organismo contratador” xa que por descontado que todos e todas os vigueses e viguesas temos que ter o lexítimo acceso á información de ofertas de traballo financiadas con cartos públicos. O custe de realizar este portal é ínfimo e asegura un espazo democrático no acceso ao emprego e da cumprimento ao disposto

EU considera que a pesar de que os postos de traballo sexan creados por entidades como AAVV, sindicatos ou asociacións ao tratarse de fondos públicos sometidos a CONVENIO PÚBLICO teñen que realizarse as contratacións de acordo cos criterios de oferta de emprego público e que o propio convenio firmado ten que recoller os criterios de selección, o xurado que realizará a mesma, os requisitos e os prazos para presentar a súa candidatura o interesado ou interesada.

EU descoñece en que plataforma informativa téñense publicitado os centos de postos de traballo anunciados polo Alcalde e ofertados por asociacións de veciños, sindicatos e mesmo asociacións particulares, en base aos ingresos económicos procedentes de convenios asinados co Concello de Vigo. Un portal onde se colguen todos os convenios asinados así como as ofertas de emprego derivadas dos mesmos.

EU igualmente seguirá reclamando que a Concellaría de emprego redacte un anexo para ser incluídos en todos os CONVENIOS do plan de emprego municipal que exisan o CONCURSO PÚBLICO, TRANSPARENTE E A DEFINICIÓN DO PROCESO SELECTIVO para todos os postos de traballo que se xeneren con recursos públicos, que, como son de todos e todas, todos e todas temos que ter a oportunidade de optar a eles.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: