RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): “OS ORZAMENTOS DO CONCELLO PARA O 2013 CONTINÚAN POSICIONADOS NA SENDA SUICIDA DO ENDEBEDAMENTO FINANCEIRO E A ARBITRARIEDADE NO REPARTO DE RECURSOS PÚBLICOS”

EU xa presentara enmendas ao orzamento para 2012

ESQUERDA UNIDA de Vigo xa presentara enmendas ao orzamento para 2012

EU de Vigo anunciou hoxe en boca do seu coordenador local a presentación de novo de alegacións e propostas de modificación de partidas significativas dos orzamentos aprobados no pleno do Concello de Vigo. EU considera que os recursos do PLAN DE EMPREGO están sendo repartidos mediante empregos suscritos a convenios sen garantía de publicidade e igualdade de opción. EU considera que neste contexto, o BNG está sendo un títere do alcalde a cambio de migallas neste reparto de recursos públicos.

ESQUERDA UNIDA de Vigo considera un suicidio orzamentario consignar de novo créditos bancarios e elevar ostensiblemente a débeda municipal en tempos nos que outras fontes de ingresos municipais corren risgo de mermar (transferencias de outras administracións, recadación tributaria…) e considera significativo que Abel Caballero no marco da FEMP pelexe máis porque os grandes concellos teñan máis capacidade de endebedamento que, dacordo coa demanda histórica da institución, loitar pola maior participación na redacadación total tributaria das administracións locais.

EU valora como preocupantes as políticas que o alcalde suliña surrealistamente como “keynesianas” xa que a maior parte dos recursos non repercuten no emprego senón na conta de resultados de empresas constructoras. Non aparecen por ningún lado as cifras de emprego aludidas polo alcalde. EU sigue apostando por unha empresa MUNICIPAL DE VIAS E OBRAS que estabilice laboralmente plantillas e evite a plusvalía temeraria que aplican os empresarios do sector da construcción sobre os orzamentos de cada obra.

Rubén Pérez sinalou que tamén estes orzamentos recurren a idea dos impostos directos como vía de financiación, non explorando vías de sistemas impositivos xustos como o incremento do IBI nun 100% á vivendas desocupadas ou impulso recaudador das tasas existentes sobre ocupación lucrativa de espacios públicos para entidades bancarias ou empresas de telefonía móbil.

EU realizará nestes días unha tarefa informativa á cidadanía viguesa para coñecer que ingresa e que gasta o noso concello e as alternativas existentes a estas políticas. Rubén Pérez considera que “dende vello os veciños e veciñas de Vigo están ausentes de toda elaboración orzamentaria que sae do edificio do Concello, algo que ten que ser seña de identidade da esquerda política e social é a capacidade decisoria e participativa da cidadanía”.

AXDUNTASE PRIMEIRA VALORACION DOS ORZAMENTOS 2013 DE ESQUERDA UNIDA DE VIGO

Valoración Orzamentos 2013

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: