ESQUERDA UNIDA AUMENTOU UN 40% A SÚA MILITANCIA EN VIGO DURANTE O 2012

convencionEU pechará o 2012 cun aumento que o coordenador local de EU en Vigo considera “parello a unha aposta de anos por fortalecer a proposta programática e o traballo social” independentemente da presencia ou non nas institucións. EU crece especialmente entre os mozos e mozas e entre os cadros sindicais e membros de comités de empresa de moitas industrias da cidade. A este tecido militante (que pagan cota de afiliación) hai que sumar centos de simpatizantes que participan na actividade política de EU sen ser afiliados ou afiliadas.

O coordenador local de EU en Vigo valorou hoxe a presencia política e organizativa de EU nun ano de intenso traballo político na cidade, que culminou coa aposta acertada pola coalición ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA e a elección da responsable de organización local Eva Solla como deputada por Pontevedra. Neste 2012 EU estivo en todos os conflitos sociais e laborais da cidade, presentou propostas alternativas a orzamentos, ordenanzas, estivo presente nos plenos e tivo unha participación importante nas dúas folgas xerais contra as políticas do goberno do PP.

Do mesmo xeito o traballo de extensión organizativa permitiu a EU ter xa presencia en todos os barrios da cidade, especialmente importante para nós: “suliña o coordenador local de EU” e ter xa tecido organizativo en Navia e organizacións sectoriais como a de saúde, mocidade ou emprego. EU ademais neste 2012 ten xa agrupacións en todos os concellos limítrofes gracias ao traballo da estrutura comarcal da organización.

O coordenador local de EU anunciou que a principal aposta da formación de esquerdas para o 2013 é apuntalar os espazos de confluencia co resto das forzas que conforman a ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA así como reforzar a estrutura nacional e federal de EU incorporando cadros de Vigo ao Consello Político Nacional de EU e ao Consello Político federal de IU.

Advertisements

Unha resposta

  1. […] Esquerda Unida aumento un 40% a súa militancia en Vigo durante o 2012 […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: