8 DELEGADOS E DELEGADAS DE ESQUERDA UNIDA DE VIGO PARTICIPAN ESTE FIN DE SEMANA NA ASEMBLEA FEDERAL DE IU

EVA SOLLAA delegación viguesa de EU está encabezada pola deputada de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA Eva Solla, responsable tamén de organización no Consello Comarcal. A delegación recolle unha parte importante dos novos afiliados incorporados ao proxecto de EU nestes meses.

A asemblea federal de IU, que celébrase durante todo o fin de semana en Madrid estará presidida pola coordenadora de EU en Galicia, Yolanda Díaz e ratificará a Cayo Lara como coordenador federal ao obter o maior número de avais e ser a única lista que se presente á coordenación xeral.

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo lembra que a aposta en 2008 por unha IU “anticapitalista, federal e republicana” que trasladaron un número importante de cadros de IU en todo estado é un dos factores que explican o aumento electoral e social do proxecto de IU, proxecto aberto e en proceso de creación de “fortes alianzas sociais e políticas” para tumbar definitivamente o capitalismo no noso país. IU, suliña o coordenador local de Vigo, non naceu para gestionar un sistema que lastra dereitos sociais, naceu para mudar a correlación de forzas entre a clase obreira e o capital e establecer modelos de participación política plurais e participativos.

EU de Vigo felicítase da incorporación de Eva Solla á proposta de novo Consello Político Federal que a candidatura de Cayo Lara presentará á asemblea

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: