ESQUERDA UNIDA PIDE PUBLICIDADE NAS OFERTAS DE EMPREGO DE ENTIDADES QUE SE ESTÁN A XERAR MEDIANTE OS CONVENIOS DO PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO

EU detecta que en ningún taboleiro físico, web ou mesmo no propios convenios asinados se recollen como se realizarán os procesos de selección, o currículum necesario ou mesmo o resultado dos procesos selectivos, violando de xeito flagrante as propias bases do PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO que recollen no punto 6.1 do mesmo recolle que terá que ser un proceso “transparente”

Concello_de_VigoEU considera que a pesar de que os postos de traballo sexan creados por entidades como AAVV, sindicatos ou asociacións ao tratarse de fondos públicos sometidos a CONVENIO PÚBLICO teñen que realizarse as contratacións de acordo cos criterios de oferta de emprego público e que o propio convenio firmado ten que recoller os criterios de selección, o xurado que realizará a mesma, os requisitos e os prazos para presentar a súa candidatura o interesado ou interesada.

EU descoñece en que plataforma informativa téñense publicitado os centos de postos de traballo ofertados por asociacións de veciños, sindicatos e mesmo asociacións particulares, en base aos ingresos económicos procedentes de convenios asinados co Concello de Vigo.

ESQUERDA UNIDA sigue apostando pola creación de emprego público mediante contratación directa do concello ou a creación de empresas municipais como ten reiteradamente defendido: Empresa Municipal de vías de obras, empresa municipal de vivenda, etc… e igualmente non entende como por exemplo traballadores sociais están sendo contratados directamente por asociacións sen respetar nin siquera os salarios destes profesionais como recentemente ven de denunciar o Colexio Oficial de Traballadores sociais de Galicia.

EU pide que a Concellaría de emprego redacte un anexo para ser incluídos en todos os CONVENIOS do plan de emprego municipal que exisan o CONCURSO PÚBLICO, TRANSPARENTE E A DEFINICIÓN DO PROCESO SELECTIVO para todos os postos de traballo que se xeneren con recursos públicos, que, como son de todos e todas, todos e todas temos que ter a oportunidade de optar a eles.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: