ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA PIDE NO PARLAMENTO DE GALICIA A RENOVACIÓN DAS AXUDAS AS HIPOTECAS EN NAVIA

logo finalO Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de denuncia a actuación ‘ilegal’ da Xunta en relación a denegación de axudas aos beneficiarios de vivendas de protección pública no barrio de Navia (Vigo).

O Grupo Parlamentario destaca que o decreto aprobado xusto despois das eleccións autonómicas, non ten carácter retroactivo polo que se está a vulnerar o principio de irretroactividade das normas sancionadoras e o principio de seguridade xurídica

Santiago de Compostela, 26 novembro de 2012.- O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda presentou un escrito no Parlamento en relación a denegación de axudas para o pagamento de cretos hipotecarios aos beneficiarios de vivendas de protección pública no barrio de Navia, en Vigo. A vicevoceira do Grupo Parlamentar, Yolanda Díaz, ten coñecemento da denegación de axudas públicas  para axudar ao pagamento  dos cretos hipotecarios aos propietarios e propietarias de vivendas de protección oficial no barrio de San Paio de Navia, en Vigo; denegación  que por medio de resolucións administrativas está a remitir a Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

“Nun país e nun Estado onde estamos a sufrir as consecuencias da burbulla inmobiliaria impulsada polos sucesivos gobernos do PSOE  e do PP, este Grupo parlamentar ten moi presente o enorme sacrificio que as familias traballadoras que viven no barrio de Navia tiveron e teñen que facer para poder adquirir unha vivenda” defendeu Yolanda Díaz quen engadiu que estas adquisicións fixeronse ao abeiro dunhas axudas públicas  que achegan unhas  determinadas condicións, as marcadas no RD-L 801/2005,  de 1 de xullo, e que na resolución da concesión das mesmas conlevan a prórroga delas, a instar polo administrado/a, por un prazo de cinco anos.

Agora, cando levamos cinco anos da meirande crise económica capitalista dende a dos anos 30, a Gran Depresión, a Consellaría de Medio Ambiente decide unilateralmente denegar as axudas amparándose no malfadado RD-L 20/2012, de 13 de xullo, que no seu artigo 35 suprime as axudas de subsidiación de préstamos amparadas no Plan Estatal de Vivenda  e Rehabilitación. A viceportavoz do Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda salientou o feito de que “a previsión do devandito decreto non establece que a supresión das axudas teña carácter retroactivo, o que nos leva a afirmar que a actuación denegatoria da Xunta de Galicia está a vulnerar o principio de irretroactividade das normas sancionadoras, que contempla o artigo9.3 da Constitución, asemade do principio se seguridade xurídica”.

O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, valorou como moi prexudicial para as familias traballadoras acollidas ás axudas públicas para o pagemento dos cretos hipotecarios de vivendas de protección oficial en San Paio de Navia esta decisión da Consellaría, toda vez que as familias incorren nunha compra dun ben tan fundamental como oneroso nesta sociedade, o da súa vivenda, na confianza que lles reporta a liña de axudas públicas  que agora, pola vía manu militari do decreto, se esvaecen no trebón dos recortes.

Por isto, o Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda  interpela á Xunta de Galicia para instar o mantemento das axudas económicas concedidas no seu día, de conformidade coas condicións contractuais subscritas naquel entón, e toda vez que o RD-L 20/2012 non estabelece o carácter retroactivo da supresión das axudas.

Así mesmo, insta á  Consellaría de medio Ambiente a que estableza unha partida orzamentaria que supla a falla de financiamento estatal e permita darlle continuidade ás axudas concedidas ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda.

Por último o Grupo Parlamentar de Alternativa  Galega de Esquerda  insta a Xunta de Galicia a que reclame do Goberno Central a renovación do Plan de Vivenda Estatal de maneira que as familias traballadoras que subscribiron ou subscriban un creto hipotecario poidan facerlle fronte contando coas axudas públicas que fagan efectivo o dereito á vivenda digna que o noso ordenamento legal prescribe.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: