CARTA DO COORDENADOR LOCAL DE EU AO ALCALDE DE VIGO ANTE O PROBLEMA DO FIN DAS AXUDAS DE VIVENDA EN NAVIA

Vigo, 10 de novembro de 2012

Ao Excelentísimo Alcalde de Vigo, D. Abel Caballero

Nestes días temos sido informados por varias ducias de veciños e veciñas do barrio vigués de Navia da situación xerada polas negativas da Xunta de Galicia a ampliar as axudas do PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2005-2008. Ditas axudas, ate o momento, viñan sendo retribuídas como soporte económico ao pago dos préstamos hipotecarios subscritos sobre as vivendas do PAU de Navia.

Consideramos que como Alcalde de Vigo debería coñecer esta situación que está a provocar a política de recortes do goberno central e autonómico, que neste caso argumentan que é por mor do Real Decreto do 13 de xuño e o fin das axudas asignadas a este programa.

A Xunta de Galicia, neste caso o Instituto Galego de Vivenda e Solo, nunha manobra completamente irresponsable, argumenta que eles eran “meros tramitadores das axudas” e que ao cancelar dito programa o Ministerio de Fomento, non existe financiación para o mesmo.

O problema radica en que centos de veciños do PAU de Navia adquiriron as súas vivendas baixo o acordo contractual de ditas axudas e mesmo o propio plan falaba de prórrogas cada 5 anos.

Hoxe están recibindo notificacións por correo da Xunta avisando do fin das axudas e polo tanto que a partir de xaneiro deberán facer fronte ao pago de importes de máis de 200 euros en moitos casos, cousa que nun barrio azoutado polo problemas laborais actuais como o de Navia supón para moitas familias practicamente o importe que tiñan adicado na súa renda familiar ao carro da compra.

Na foto, Yolanda Díaz, deputada de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA cos veciños e veciñas de Navia. (foto de Marta G. Brea (Faro de Vigo)

A este feito súmase un desamparo informativo das familias que non saben a quen dirixirse na administración da Xunta e mesmo reciben respostas contradictorias por parte de diferentes estamentos administrativos

Por estos motivos solicitámoslle un apoio do Concello de Vigo aos veciños e veciñas artellando varias medidas que consideramos importantes:

  • Creación con apoio municipal dunha OFICINA DE AFECTADOS con asesoría legal e administrativa nestes meses para afrontar os recursos de alzada ás notificacións que van chegando aos domicilios.
  • Requerimento da corporación municipal ao goberno da Xunta de Galicia de abrir unha nova liña de axudas para cumplir o contrato formalizado no seu día cos veciños e veciñas de Navia.
  • Presentación dunha moción no PLENO do Concello de Vigo condenando a actuación da Xunta de Galicia, do Ministerio de Vivenda e do Instituto Galego de Vivenda e Solo neste tema tan grave de abandono institucional.

Quedamos a súa disposición para artellar un encontro cos veciños e veciñas afectados así como trasladarlle toda a información sobre este problema que precise

Reciba un cordial saúdo

Rubén Pérez Correa

Coordenador local de EU en Vigo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: