CAYO LARA PROGNOSTICOU EN VIGO QUE O RESCATE TRADUCIRASE EN NOVOS RECORTES Á CIDADANÍA MENTRES A FRAUDE FISCAL SUPERA OS 90.000 MILLÓNS DE EUROS

YOLANDA DÍAZ, QUE DENUNCIOU AS PROMESAS INCUMPRIDAS DO PP AOS ASTALEIROS GALEGOS, E INDICOU QUE FEIJÓO ATRASA O RESCATE GALEGO POR MOR DAS ELECCIÓNS 

O CANDIDATO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA POR PONTEVEDRA, JUÁN FAJARDO, AFIRMA QUE FEIJÓO IGNORA O SUFRIMENTO DIARIO DOS CIDADÁNS 

Despois dunha rolda de prensa no Hotel Coia, Cayo Lara, Yolanda Díaz e Juán Fajardo, desprázanse ata o CEIP Seis do Nadal para expoñer a súa visión política ante un ateigado auditorio.

A necesidade dunha esquerda honesta

Cayo Lara, Coordinador Federal de IU, explicou que “combatendo a fraude fiscal non precisaríamos rescate”. En España calcúlase que a fraude fiscal supera os 90.000 millóns de euros e a responsabilidade podería estar concentrada no 3% das empresas que operan no país. O Coordinador de IU visita Vigo para levar unha mensaxe de alternativa, de esperanza e de “esquerda honesta”.

Cayo Lara, fala das políticas de axuste e o seu fondo. Na súa opinión o programa electoral do Goberno incumpriuse sen ningún tipo de rubor, facendo que a clase traballadora teña que cargar con todo o peso da crise, sen aprobar un só real decreto para xerar emprego. O incumprimento total deixa ás claras que o Partido Popular está a estafar a sociedade e teme que o rescate se traduza en máis medidas de recorte que afecten aos mesmos estratos sociais. É por todo esto que chama ao pobo galego a non deixarse enganar polo aparato propagandístico popular e a que loite polos seus dereitos.

Feijóo destruíu 153.000 empregos en Galicia

Yolanda Díaz, Candidata de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de A Coruña e Coordinadora Nacional de EU, declama que “Feijóo non é o presidente da solvencia, é o presidente do engano, do paro, dos recortes no ensino, dos recortes nas pensións, dos recortes na sanidade e dos recortes nas liberdades civís. […] Feijóo destruíu 153.000 empregos en Galicia en soamente tres anos.”

Yolanda Díaz, pon os datos enriba da mesa para deixar ás claras que Feijóo falta á realidade. En palabras da candidata “temos máis déficit que Cataluña, non piden rescate porque estamos en eleccións, por iso non deberían presumir de solvencia. Yolanda Díaz fixo alusión á perversión das cifras cando se defende que en Galicia é onde menos medra o paro cando nalgunhas zonas da comunidade aumentou nun 70% e moitos traballadores vense forzados a migrar ou pasar miseria.

A Coordinadora de EU fixo un percorrido por máis promesas incumpridas nos tres anos de goberno de Feijóo e polo reducido marxe de garantías de cobertura social pola que queren facer pasar aos galegos e galegas. No caso dos contratos para aos asteleiros remarcou que “maila crise os países de Europa constrúen barcos e Feijóo é incapaz de acadar carga de traballo”, non confía en que vaia conseguir nada no futuro.

A candidata de Alternativa Galega de Esquerda finalizou comparando a Feijóo cun mando a distancia de Rajoy, mentres chamaba a mobilizar aos galegos e galegas porque hai alternativa.

O Partido Popular descoñece o sufrimento da cidadanía

Juán Fajardo, cabeza de lista de Alternativa Galega de Esquerda por Pontevedra, dirixiuse a cidadanía galega. O candidato da coalición mostrouse convencido de que o Partido Popular vive na irrealidade porque descoñece sufrimento diario dos cidadáns e xustifican as súas posturas económicas con datos prefabricados mentres ignoran aqueles que non son convenientes. Juán Fajardo encontrou primordial dar á abstención motivos para rebelarse contra un “Partido Popular que non sabe o que significa que suba o IVA dunha barra de pan”.

Advertisements

2 Respostas

  1. […] CAYO LARA PROGNOSTICOU EN VIGO QUE O RESCATE TRADUCIRASE EN NOVOS RECORTES Á CIDADANÍA MENTRES A F…. Compartir esta nova:Chuza!MeneameFacebookTwitterCorreo-eImprimirLike this:LikeBe the first to like this. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: