ENTREVISTA A JUAN FAJARDO, CABEZA DE LISTA DA ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA (EU-ANOVA-EQUO) POR PONTEVEDRA

Juan Fajardo e o coordenador xeral de IU Cayo Lara

Un novo panorama político ábrese para a esquerda en Galicia coa aposta de AGE, considera que é o posible que acceda  ao Parlamento de Galicia?

Non solo é posible, senón que é real e sobre todo necesario, o Parlamento Galego non tivo ningún representante da clase obreira nos últimos tempos, cada proxecto de lei ou iniciativa parlamentaria, durante o último mandado, non foi dado a coñecer os galegos, e moito menos discutida con eles, por iso AGE é necesaria no parlamento para defender de forma contundente os nosos dereitos e os servizos básicos, pero tamén para dotar o parlamento Galego dun certo grao de insubmisión os ditames do mercado, dunha voz rebelde contra o fraude o que lle chaman crise.

-A lei electoral non llo pon doado… esixe un 5% para entrar na distribución de parlamentario, intentan os grandes partidos políticos impedir o acceso de novas forzas ao Parlamento?

Quero recordar que bipartito tense negado a modificar esta situación na anterior lexislatura, pero é certo hai un interese dos grandes partidos de que os parlamentos non sexan plurais, porque en definitiva non defenden a democracia, senón un modelo onde a alternancia no poder, garante que gañen os de sempre, por iso AGE preséntase co obxectivo de romper este modelo, de introducir aire fresco no parlamento, é sobre todo co compromiso de  trasladar as rúas os debates parlamentarios, e as loitas necesarias para acabar ca inxustiza.

-Por que ten que estar a ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA no Parlamento de Galicia?

En primeiro lugar para defender os Galegos e as Galegas da estafa da crise, para mellorar e garantir os servizos públicos hoxe en perigo polo acordo dos grandes partidos, pero tamén para acadar os recursos necesarios para que todo o carto posible de Galicia, se utilice para a xeración de emprego, e non para que catro listos se fagan de Ouro co carto de todos, como acontecerá se non o evitamos co novo Hospital de xestión e construción privada de Vigo. Ademais non esquecemos a necesidade de loitar para que os nosos sectores estratéxicos volvan a mans públicas, para garantir o emprego e a calidade do mesmo, un exemplo claro é o naval Vigués.

-Ás veces o cidadán ten a impresión de que non importa demasiado quen goberne, que as pautas as marcan os mercados. Pódese loitar dende un parlamento autonómico coas directrices que marcan Bruxelas ou os grandes intereses financeiros?

Esta é a gran mentira que nos quere facer crer o sistema, claro que é posible outra saída, un exemplo como é posible que o Goberno do estado retire 20.000 millóns de AGEros para a sanidade as Pensión e o Ensino, e inmediatamente entregue máis 26.000 millóns de euros a Bankia, é necesario unha política redistributiva da riqueza, non podemos aturar unha Galicia onde o 26% dos menores vive en situación de pobreza, estes cartos en inversión produtiva , xeradora de postos de traballo servirían para reducir o desemprego e sobre todo para garantir as nosas pensión e a nosa sanidade.

Pero hai algo que si é certo o PSOE e o PP, que son sucursais da mesma marca, defenden os intereses do capital, da banca e os especuladores, e defenden ese modelo onde se elimina o poder e a soberanía os Pobos e se introduce o control total dos pobos pola UE e o Banco Central Europeo, non esquezamos como ambos, de forma absolutamente Ditatorial, modificaron a constitución para que sexa prioritario pagar a débeda do estado sobre as nosas pensións ou a nosa saúde.

-A Xunta ven de publicar hai unhas semanas que Galicia é unha das comunidades con menos déficit do estado español, pero cunha maior taxa de desemprego  do estado . Avala iso a xestión de Núñez Feijoo?

O Aval del Feijoo, e evidente pasar de 146.000 desempregados cando chegou a Xunta os máis de 300.000 actuais, ten o mérito de colocar a un terzo da poboación Galega na miseria, esa e a xestión de Feijoo, comprometAGEse a acabar ca crise en Galicia en 45 días, e leva 4 anos abdicando de gobernar en Galicia, e recortando moitos dereitos, o pago dos libros de Texto, o copago sanitario, a eliminación da sanidade universal, a privatización do acceso a xustiza, a parálise da lei de dependencia, o pago pola auga, o incremento dos prezos das escolas infantís, quere que siga…. é un goberno indecente, e sinvergonza, porque un sinvengonza é alguén que non ten vergonza de traizoar os sAGEs, o pobo galego.

-Falando das contas. Entende AGE que a redución do déficit ten que ser a única prioridade ou os recortes teñen que ter un límite?

O primeiro é dicir, que esta situación debes a que os poderes públicos, permitiron a unha serie de “Gánster” do sector financeiro, manexar a economía e roubarnos os cartos a cidadanía, eses mesmos os que agora queren volver a rescatar cos nosos cartos, os de todos, pero unha vez digo isto, a política dos recortes é un erro, non é posible recortar sen incrementar as desigualdades e polo tanto incrementar a pobreza, cando unha política de recortes non axuda, senón o contrario a saír da crise, non cremos que debemos incrementar os ingresos, para lograr unha política de incentivos, de mais emprego e de incremento da carteira de servizos básicos, como por exemplo unha renda universal de emerxencia, pero para iso é necesario incrementar os impostos a quen ten posibilidades, os grandes empresarios e a Banca, como é posible que o Grupo Zara a penas pague impostos no nos país e utilice modelos de venda dende o exterior para burlar por exemplo o pago de IVE, nos queremos combater unha realidade que día que as rendas do traballo pagas máis que as rendas do capital, é dicir pagamos máis impostos os traballadores que os empresarios, pero onde ademais en España das 35 empresas do IBEX 35 , 30 operan en paraísos fiscais, ou onde parece normal que o presidente do real Madrid, teña pagado a facenda na súa declaración do 2009 a penas 45 euros…

-Se AGE chega ao Parlamento, que áreas considerará intocables á hora de meter á tesoira?

 Esquerda Unida eliminará a tesoira do parlamento Galego, ademais de introducir unha política de remate dos privilexios dos parlamentarios, non queremos  nin gastos suntuosos, nin comelladas , nin gaiteiros a miles, nin salarios estratosféricos, nin centos e asesores e asesoras con salarios indecentes, ese é un comezo, a partir de hai, ingresar o suficiente para que os galegos teñamos sanidade digna, pensións dignas, educación de calidade, e sobre todo emprego. Unha das nosas iniciativas será un plan de emprego, que contemple nichos de emprego esquecidos pola xunta de Galicia.

-O BNG chega as eleccións despois de fondas fracturas e o PSdG PSOE cun candidato que non parece ilusionar nin á súa propia militancia. Cree que a mala situación destes partidos favorecerá a entrada de AGE no Parlamento ou pola contra, ve difícil que o PP perda a súa maioría absoluta?

Pola propia lei electoral, cada parlamentario de AGE, é un parlamentario menos para o PP, polo tanto cantos mais parlamentarios teña AGE, máis posibilidades existen de derrotar o Partido Popular, pero non esquezamos a labor do bipartito que foi quen upou o poder o PP, por una nefasta xestión, polas tramas de corrupción que parecen ter tentáculos en tódolos partidos do actual parlamento, e sobre todo dun PSOE liderado por Pachi Vázquez, que fai poucos meses dicía literalmente que o mellor había que podar algunha rama do estado de benestar, é certo que existe o PPSOE

O 15-M amosou que segue tendo gran forza tanto no Estado como na propia Galicia. Cal debe ser a achega deste movemento a sociedade Galega?

Pase o que pase co 15M, debemos dicir moi claro que é un movemento fundamental na rexeneración democrática do país, o 15M logrou poñer enriba da mesa cuestións que na política dos grandes partidos, non así de AGE, estaban afastadas do debate público, a lei electoral, a democracia participativa, … polo tanto é un movemento fundamental para o futuro da nosa sociedade, no sentido de crear unha sociedade nova, sen castas, na que a democracia sexa un elemento central na procura da mellor calidade de vida para os seres humanos, e non como agora, que o único o que se lle garante a vida e o euro, aínda que sexa a costa de matar millóns de persoas en todo o mundo.

-Para rematar, o actual goberno do PP rebaixou as inversións en educación, incrementou o paro liderando o número de ERES, fixo o maior recorte en servizos sociais da democracia, aprobou un decretazo sanitario moi insolidario coas persoas sen recursos… Había outra solución nunha época de crise como esta?  Cales son as solucións que da AGE para saír da crise sen rebaixar a calidade do Estado do Benestar?

Como dicíamos antes, unha política de incremento de recursos, loitando contra o fraude fiscal, e introducindo unha política de emprego que sexa capaz de introducir novos cotizantes na seguridade social, e polo tanto máis traballadores con capacidade de pagar impostos, pero ademais existen moitos gastos innecesarios que poderían terse utilizado para xerar servizos, dous exemplos, cantos hospitais se poderían ter construído en Galicia co gasto do monte Gaias, fai anos antes da crise, solo AGE se opuña a esta barbaridade, pero ademais, o gasto do AVE en Galicia, traslado  inversión produtiva e servizos sociais, como a dependencia, tería garantido  a creación de emprego, e calidade de vida os nosos dependentes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: