EU ANTE A PARADA NAS OBRAS DO NOVO HOSPITAL DE VIGO

O modelo de xestión e consecuente privatización que o goberno de Rajoy no estado, e Feijóo en Galicia están a aplicar, priva á cidadanía de dereitos tan fundamentais como é unha sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade.

Esquerda Unida esixe a resolución do contrato de concesión do Novo Hospital de Vigo, se non se cumpren os prazos de execución. Ante as noticias de falta de financiamento da empresa UTE Nuevo Hospital de Vigo implicaría un atraso na construción do Novo Hospital de Vigo. A isto úneselle o despido de 300 traballadores da obra de construción acontecido recentemente. Isto vén a confirmar o fracaso do modelo privatizador da sanidade que está realizando o Partido Popular. Segundo os documentos oficiais, na programación da execución da obra non deberían producirse paralizacións, nin alteracións no ritmo de execución das obras, feito que se está a producir actualmente.

Lembra Esquerda Unida que o concesionario ten que respectar os prazos parciais e totais ofertados, polo que esixe que se faga público o proxecto de execución, así como o programa de traballo onde se indican os prazos parciais da execución da obra. Hai que lembrar que o SERGAS ten que ter dito proxecto dado que o prazo para a súa realización era de 9 meses.

Esquerda Unida esixe que conforme ao establecido nos pregos do contrato polo que se licitou a concesión de obra pública asinado entre a concesionaria e o SERGAS que en caso de que se estean incumprindo os prazos para a realización das distintas fases da execución da obra sexa resolto o contrato, coa perda da garantía definitiva. Tamén pide que se lle esixa ao concesionario os danos e prexuízos orixinados por ditas demoras.

Por todo isto, a executiva nacional de Esquerda Unida rexeita o rescate do novo hospital de Vigo porque a Xunta de Galicia debería indemnizar á concesionaria segundo indica a lei de contratos do sector público polos danos e prexuízos causados, nos que se teñen en conta os beneficios futuros que o concesionario deixará de percibir.

Esquerda Unida tivo acceso a documentación oficial que confirma a redución de tamaño do Hospital en 11 mil metros cadrados. Nesa documentación sinalase que, ademais desa redución no tamaño global do hospital, non se construirán no Hospital 5400 metros cadrados de laboratorios dos 8359 previstos, 700 metros cadrados do área de farmacia, dos 1400 previstos no proxecto orixinal. En definitiva un hospital máis pequeno do previsto que non vai a satisfacer as necesidades do área sanitaria de Vigo. Entre as unidades que practicamente desaparecerán está a de coidados mínimos, dentro do area de hospitalización, o cal confirma unha diminución de camas de hospitalización respecto ao proxecto orixinal, así como a carencia de de servizo de esterilización, ao non executarse os 1500 metros cadrados de esterilización.

Yolanda Díaz, coordinadora nacional de EU e candidata á xunta, afirmou que “tal e como denunciamos dende o principio, esta chapuza de modelo mixto público-privado que está a desenvolver o PP, non so é ineficaz como se está a demostrar senón que está a arruinar a sanidade galega”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: