ESQUERDA UNIDA DE VIGO AUGURA UN “SETEMBRO NEGRO IMPOSITIVO”

Pleno do mes de marzo no que se aprobou unha subida do 3,8% nas tasas municipais

ESQUERDA UNIDA DE VIGO AUGURA UN “SETEMBRO NEGRO IMPOSITIVO” PARA A MAIORÍA DOS VIGUESES E VIGUESAS ANTE OS INCREMENTOS DO 3,8% NAS TASA MUNICIPAS APROBADOS FAI MESES POR PSOE E BNG NO CONCELLO, A SUBIDA BRUTAL DO IBI do 10% DO DECRETO DE DECEMBRO DO PP E O IVE AO 21%

EU considera que os incrementos de auga e transporte son tamén resultado da inanición e a falla de valentía das forzas que se reclaman oposición para traballar “dende xa” porque estes servicios públicos esenciais deixen de ser explotados por empresas privadas como o GRUPO AVANZA e FOMENTO DE CONSTRUCCIONES E CONTRATAS e retornen a ser un servicio de titularidade 100×100 públicos e sen participación do capital privado.

EU considera que non subir o IVE do transporte ou da auga non significa que non lle custe nada ao usuario. Máis ben significa que será o concello o que pague esa diferencia ás empresas privadas, polo que en vez de pagalo directamente o usuario o pagará indirectamente mediante a non disposición de ese importe para outros gastos que lle afectan: axudas sociais, servicios, etc.. A única solución válida é NON RENOVAR A CONCESIÓN NIN A AQUALIA NIN A VITRASA, abrir un novo proceso de concesión pública e un estudio serio sobre REMUNICIPALIZACIÓN DO SERVICIO. O feito de que o grupo Avanza, concesionario do transporte público de Vigo, declare uns beneficios mais que elocuentes nos Concellos de Vigo e Zaragoza e boa mostra disto.

En efecto, o IVE que Vitrasa cobra, retorna ás arcas do Concello a través dos ingresos por IVE. En definitiva, é como un imposto municipal, máis. Se pedimos a redución do prezo do billete, segundo os acordos do Concello coa Concesionaria, a perda de beneficio teríallo que abonar o Concello a Avanza. É dicir que descolocaríamos o Orzamento do Concello de Vigo. O Sr. Alcalde xa anunciou que renovará a concesión a Avanza. Isto faio desde a suposta minoría, e quen lle garante a maioría é quen di situarse a favor do pobo. Parecen pois, declaracións cosméticas, mais que de preocupación real polos cidadáns.

Esquerda Unida mantén que os servizos públicos deben ser xestionados polas institucións públicas so pena de pagar mais polo mesmo servizo e crear a dependencia social e política dunha entidade privada. Estamos a vivilo coa xestión da auga e, agora, ímolo a seguir vivindo coa xestión de Vitrasa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: