ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE OS FONDOS QUE CONSIGNA O ORZAMENTO PARA O PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL (MÁIS DE 4,6 MILLÓNS DE EUROS) DEBEN REVERTIR NA CREACIÓN DE EMPRESAS MUNICIPAIS CON CONTRATACIÓN DENTRO DA O.P.E.

EU considera que repartir estes fondos entre asociacións e organizacións en base a criterios “particulares” de que goberne non é nin transparente nin asegura o principio de igualdade e publicidade que teñen que estar presentes nos empregos ofertados con fondos públicos

O coordenador local de EU, Rubén Pérez preguntase porque de novo fondos para a creación de emprego que teñen como orixe partidas orzamentarias do Concello de Vigo teñen que ser xestionadas por entidades privadas e considera perfectamente posible a creación dunha EMPRESA MUNICIPAL DE VIAS E OBRAS que contrate personal dentro da OPE para evitar ter que contratar a constructoras externas obras menores de mantenemento da rede viaria. Igualmente unha EMPRESA MUNICIPAL DE APROVEITAMENTO FORESTAL nun momento no que os nosos montes están sendo abandoados á explotación forestal sostible e que entra en vigor unha Lei de Montes que fiscaliza os perímetros de seguridade de fincas o que obrigará a rozar centos de ha. na bisbarra para evitar multas.

“¿Quen asegura,..” que os recursos públicos asignados a una ou outra asociación “..trasladanse a unha contratación transparente, en enchufes nin prevendas?”. Somentes unha contratación pública, cunha mesa de contratación na que participen todos os grupos políticos, sindicatos con representación na corporación sen exclusións como noutros procesos, e traballadores públicos pode asegurar de feito evidente a lexislación en materia de contratación das administracións públicas.

EU considera probado que a volta a xestión pública de servicios e actuacións económico-laborais é rendible e perfectamente enmarcable nun contexto de necesidade de optimizar recursos, loitar contra o desemprego e a exclusión social.

EU sigue apostando por orientar os recursos a cinco eixes principais nos que se apoia o seu programa municipal en materia de emprego :

  1. Remunicipalización das empresas públicas privatizadas, e xestión pública da contratación nas mesmas para consolidar plantillas e crear emprego.
  2. Creación de empresas municipais de vías e obras, agrarias e forestais para dar pulo aos sectores primarios no noso concello
  3. Plan municipal de eficiencia enerxética que xenere emprego estable para afrontar cambios no deselvolvemento energético de edificios públicos, comunidades, mobiliario público eléctrico e electrónico, etc…
  4. Desenvolvemento das Escolas-Taller e das Casas de Oficios como instrumentos de inserción xuvenil, mellora da cualificación profesional e apoio á consecución de patrimonio público.
  5. Promoción do emprego público destinado a labores ambientais: restauración, conservación, mantemento e mellora de espazos rurais e naturais, en colaboración con outras administracións: dominios públicos marítimo-terrestre, e hidráulico e as súas zonas de servidume de protección, vías pecuarias, vías verdes, superficies
    forestais, zonas húmidas, terreos improductivos abandonados, etc.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: