ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIA ACTIVAMENTE O 19J

ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIA A MOBILIZACIÓN MAÑÁ 19 EN VIGO EN CONTRA DOS RECORTES DECRETADOS POLO GOBERNO E CELEBRA A UNIDADE SINDICAL CONQUERIDA.

O COORDENADOR LOCAL DE EU EN VIGO RUBÉN PÉREZ SULIÑA QUE 0 19J É O PUNTO DE NON RETORNO QUE A CLASE OBREIRA TEN QUE TOMAR PARA NON SÓ PARAR AS AGRESIÓNS SENÓN RECUPERAR DEREITOS MEDIANTE A MOBILIZACIÓN SOSTIDA NO TEMPO.

Para EU, como así o manifestou recientemente a súa executiva nacional, que CIG, CCOO e UXT conqueriran que as mobilizacións sexan unitarias é un paso importantísimo para asegurar o dificultoso camiño de loita contra este goberno e a súa folla de ruta de recorte de dereitos sociais e constitucionais.

EU de Vigo lembra que fai un ano PSOE e PP fraguaron a reforma constitucional de maior calado desde 1978, que culminou coa modificación do artigo 135 da C.E. constitucionalizando un límite de gasto público que abre a porta aos recortes sociais. A imposición dunha norma automática de limitación do déficit é unha alteración da decisión do constituínte plasmada no título preliminar (España constitúese nun Estado social e democrático de dereito) e por tanto, unha reforma “de calado, estrutural, e non conxuntural” para a que a Constitución esixe seguir o procedemento do artigo 168 co consecuente referendo popular para a súa ratificación. Con todo, a reforma pactada por dous partidos maioritarios polo procedemento do artigo 167 excluíu toda forma de participación popular na reforma.

Un ano despois, os recortes sociais son realidade. Desde o inicio o Goberno do Partido Popular foi aprobando políticas de “axuste” que minguaron o Estado de Benestar e recortaron os dereitos conquistados. Estas medidas están a fracasar e, lonxe de favorecer a economía produtiva e de xerar empregos, están a agravar a crise e están a ser obxecto dunha forte contestación cidadá.

Neste contexto, no que as mobilizacións sociais e as protestas á calor das medidas do Goberno faise máis que nunca necesario abrir canles de participación directa dos cidadáns na toma de decisións, desenvolvendo o dereito fundamental dos cidadáns a participar directamente nos asuntos público, recollido no artigo 23 da Constitución Española  para avanzar cara a unha democracia participativa que poña aos cidadáns no centro da política.

ESQUERDA UNIDA TERÁ PANCARTAS PROPIAS E CONCENTRARÁ A SÚA MILITANCIA AS 20:15 NAS ESCALEIRAS DE BAIXADA Á PRAZA DA ANTIGA ESTACIÓN

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: