ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA PERIGOSO QUE SE OTORGUE O SERVICIO DE INTERVENCIÓN FAMILIAR A UNHA EMPRESA COMO CLECE QUE NUNCA XESTIONOU TAL SERVICIO E TEN UNHA POLÍTICA LABORAL MOI CUESTIONABLE.

EU non entende como o informe técnico do Concello puntuaba moito por debaixo de outras propostas, entre eles quen levaba 18 anos levando o servicio (GRUPO 5 e a Fundación do grupo, a FUNDACIÓN ALDABA”, e finalmente vai ser CLECE, empresa do grupo constructor ACS de Florentino Pérez, a que vai gañar definitivamente o concurso sen ter ninguna experiencia en ningún concello do estado nun programa tan delicado e especializado como o de intervención familiar.

EU lembra que CLECE acumula decenas de denuncias de traballadores e traballadoras por prácticas laborais ilegais, acoso sindical e incumprimento de plegos de concesión polo que considera que “é necesario replantear o concurso” xa que, se finalmente o criterio para outorgar o servicio a CLECE era extrictamente económico, sabemos perfectamente de donde sale o aforro: dos dereitos laborais, dos salarios dos traballadores e polo tanto da calidade do servicio.

EU lembra igualmente que na contratación pública a empresa a que se lle concede o servicio debe ter experiencia no mesmo, tendo que estar acreditada a mesma, circunstancia que en ningún caso se da nesta concesionaria. CLECE é unha empresa “experta” en despedir ou cercenar os dereitos laborais unha vez subroga as plantillas das anteriores concesionarias polo que para EU o Concello de Vigo nono pode excusarse en cuestións de “aforro económico” para introducir a esta concesionaria nun programa de intervención familiar que vai ser o “coello de indias” da mesma para exportar os resultados a outras cidades do Estado español.

EU permanece vixiante con todo o proceso de subrogación de plantilla así como nas eventuais problemáticas que xenere o cambio de concesionaria nun servicio de intervención familiar que era pioneiro no estado e cuns resultados de atención e calidade do servicio moi elevados.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: