ESQUERDA UNIDA RECLAMA UNHA LEI INTEGRAL PARA PREVIR A DISCRIMINACIÓN POR ORIENTACIÓN SEXUAL OU IDENTIDADE DE XÉNERO NO 17 DE MAIO DIA INTERNACIONAL CONTRA A LGTBfobia

A área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual (ALEAS) de EU súmase así aos numerosos actos previstos para celebrar o Día Internacional contra a LGTBfobia impulsando desde a súa organización a aprobación dunha Lei Integral que preveña calquera tipo de discriminación por motivo de orientación sexual ou identidade de xénero. Esta proposta será enviada ao seu grupo parlamentario no Congreso para que sexa debatida.

Desgraciadamente, cada 17 de Maio as organizacións que loitamos polos dereitos do colectivo LGTB botamos a vista atrás e vemos todo aquilo que á nosa sociedade democrática e avanzada queda por percorrer na aceptación da diversidade. Esta falta de igualdade queda retratada tamén no tratamento que as distintas leis fan desta diversidade, condenándonos moitas veces ao esquecemento, cando non ao desamparo máis absoluto.

É por iso que desde ALEAS EU levamos tempo dedicando parte do noso esforzo á articulación dunha Lei Integral contra a LGTBfobia que inclúa nun só corpo legal todas aquelas propostas irrenunciables que nos permitan erradicar a discriminación por motivos de orientación ou identidade sexual da nosa sociedade. A proposta de lei inclúe tanto medidas propositivas, en áreas tan diversas como educación, saúde ou mocidade, como medidas punitivas para aqueles casos nos que se incumpra a lei.

Entre as primeiras destacan, pola especial situación de exclusión social á que se enfrontan, aquelas referidas ao colectivo de transexuais e transgénero, que contempla conceptos básicos como a inclusión do proceso de reasignación sexual no catálogo xeral da Seguridade Social ou a eliminación do diagnóstico de disforia de xénero da lexislación, así como do marco normativo e administrativo médico da transexualidad.

Outros aspectos que se contemplan nesta lei son os cambios no sistema educativo, prestando especial atención ao tratamento dos casos de acoso escolar por LGTBfobia, así como a inclusión de contidos LGTB no currículo e a formación específica do profesorado en materia de diversidade afectivo-sexual.

No ámbito da sanidade recóllense propostas como a formación de profesionais da sanidade nas necesidades específicas de saúde sexual e reprodutiva das persoas LGTB, especialmente das mulleres lesbianas e transexuais, así como programas de investigación sanitaria específicos e documentación non discriminatoria en caso de pertenza a grupos de risco.

O colectivo de migrantes tamén ten unha presenza específica na lei, facendo efectivo na concesión de asilo o suposto de persecución por orientación sexual ou identidade de xénero. Así mesmo, na área de mocidade, prevese a creación de programas de apoio para mozos e familias e, en xeral, o fomento do asociacionismo LGTB xuvenil.

A lei contempla ademais cambios na lexislación laboral, especialmente pertinentes a partir da nova Reforma Laboral aprobada polo actual goberno do PP, así como protocolos de actuación específicos para os corpos e forzas de seguridade para a atención de casos de discriminación do colectivo LGTB. Por último, se explicita a necesidade de crear un Observatorio da Discriminación por Orientación Sexual e Identidade de Xénero, así como unha Fiscalía Específica contra a LGTBfobia.

Para concluír, ALEAS EU fai un chamamento á cidadanía a loitar polos dereitos do colectivo LGTB, especialmente vulnerable nunha situación de crise como a actual e que se está vendo radicalmente afectado os recortes impostos desde o goberno do Partido Popular. Esa mobilización social farase nas rúas, onde ALEAS EU estará presente xunto ao movemento LGTB, e tamén nas institucións, a través de propostas como esta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: