CARTA ABERTA DE ESQUERDA UNIDA Á CIDADANÍA ANTE AS CONVOCATORIAS CONCURRENTES DO 12 DE MAIO EN VIGO

As organizacións sindicais maioritarias no sector da construcción naval (CIG, CCOO e UXT), veñen de convocar para o vindeiro sábado 12 de maio unha manifestación en Vigo en apoio do sector que, lamentablemente e sen entrar a detalle dos porqués, coindice en data e hora coa mobilización global de movementos sociais organizada entre outros por Democracia Real Ya, ECOAR, 15M.

ESQUERDA UNIDA, como movemento político e social non pode máis que lamentar a falla de acordo para confluir nunha soa mobilización. E o facemos porque entendemos que os motivos das dúas convocatorias corresponden a demandas sociais análogas. Porque as dúas convocatorias entenden non temos que ser os traballadores e traballadoras as que paguemos a crise, porque defenden activamente que a corresponsabilidade dos cargos públicos eleitos é coa cidadanía que representan, entre eles uns traballadores e traballadoras do naval que asisten atónitos á apatía dos gobernos ante a dinamitación orquestada dun sector que fai escasamente dous anos aportaba 10.000 postos de traballo directos ao tecido industrial da comarca.

Coñecemos que a data do 12M ten sido escollida a nivel mundial como data na que se celebrarán centos de manifestacións e asembleas en todo o estado, e moitas cidades do mundo, celebrando un ano dos movementos que se deron en chamar 15M pero que son moito máis que unhas siglas, movementos sociais que artellaron unha forma de entender á participación política avanzada e participativa. Sen o 15M no noso país problemas como os salarios e prevendas de cargos públicos, a reforma electoral ou os abusos do sistema financeiro non estarían hoxe na primeira liña do debate político no estado español.

Para ESQUERDA UNIDA visto que se manteñen as dúas convocatorias (por ser unha convocatoria global unha, e por ser imposible artellar unha data que servira de nexo ás tres organizacións sindicais outra) teremos que ser a cidadanía consciente a que fagamos un intento (curioso eso si) de confluencia das dúas mobilizacións.

Confluencia que ten que realizarse dende o espíritu de unidade no obxectivo final que non  é outro que unha democracia real, porque democracia é gobernar e lexislar para a maioria social que non somos outros que os traballadores e traballadoras.

Propoñemos, ante esta tesitura o seguinte:

– OPCIÓN 1: Participar na marcha POLO SECTOR NAVAL con saída o sábado 12 ás 19:00 horas dende o cruce de Lepanto con Urzáiz e participar na lectura do MANIFESTO que realiza a MOBILIZACIÓN GLOBAL 12M na Praza da Estrela

– OPCION 2: Participar na MOBILIZACION GLOBAL que sae a mesma hora dende Praza de España e confluir na Porta do Sol onde os sindicatos leeran a súa vez un MANIFESTO EN APOIO ao SECTOR NAVAL

Coidamos que sería unha boa ponte entre movementos sociais e sindicatos de clase como punto de partida para evitar, no sucesivo, concurrencias de mobilización.

Advertisements

4 Respostas

  1. Home, eu creo que calquera pode acudir a ámbalasdúas. O único é que nas do 15m, as bandeiras lévanse por dentro (e que hai moitas diferentes). Un saúdo e sorte.

  2. non haberá días e días para a manifestación do naval, pareceme lamentable o novo aproveitamente polítcio dos sindicatos. unha vez máis fan tenor do seu afán partidario ou partidista por encima do ven d cidadanía. e más ainda cando xa coñecían que esta data e o aniversario do das revolucions das prazas do 15 Maio do 2011. E más ainda cando parece que foron convidados a unirse a manifestación, lamentable e pouco, non sei se haberá outra data para facer a manifestación do naval, que parece de broma que digades eso os de IU, o que si sei he que sobranlle horas o día como para solapar outra manifestación lexitima e importante como pedir que se manteñan dereitos que parece que os sindicatos soamente se acordan cando queren, maticemos ben, os sindicatiños partisitas de sempre, os maioritarios en galicia, pero hai outros sindicatos que polomenos son consecuentes coa palabra sindicato, solidariedade, e si que apoian a manifestación dos cidadas, por unha sociedade digna, habríase que facer a seguinte pegunta, estes sindicatos son dignos, ou polo contrario son indignos e por eso fan a guerra pola súa parte, para non perder a sua cuota de poder??, e máis importante una cuota de poder o ser solidario e polo tanto consecuente??.

  3. No se puede pedir que asociacones asindicales se manifiesten con sindicatos eso esta claro
    Y lo que hay que preguntarse es,
    1-Los sindicatos sabian horario y recorrido de la manifestacion anterior, porque convocan ellos coincidiendo en todo?
    2-El naval casi nunca (por no decir nunca) se ha manifetado u n sábado por la tarde ¿Es casualidad?

  4. A mi modo de ver el oportunismo aquí es obvio, ya que la manifestación del 15M lleva meses preparándose y no sólo a nivel nacional. No me parece necesariamente mal que también los sindicatos elijan el mismo día, cuantos más mejor aunque sea en diferentes recorridos. Pero esperar (y criticar por ello) que el 15M sólo unas semanas antes del día y cuando ya está todo hecho acuerde la manifestación conjunta con los brazos abiertos me parece muy indignante. Sobre todo si nos damos cuenta de que son los mismos ciudadanos los que organizan esto, sin ningún sueldo o incentivo económico por ello.

    Creo que los sindicatos no se dan cuenta de que la infraestructura que ellos tienen para organizar estos eventos hace su labor mucho más fácil y juntarse al final es una falta de respecto y una muestra de oportunismo en mi opinión.

    Por no hablar de que suelen llegar siempre tarde (sobre todo los mayoritarios), como prueba el año pasado, que no movían un dedo cuando el 15M empezó a llenar las calles.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: