ESQUERDA UNIDA PERMANECE “VIXIANTE” ANTE QUE CAPACIDADE DE CONTRATACIÓN LABORAL VAI SER DESVIADA DENDE O CONCELLO AO CONSORCIO DO CASCO VELLO COA REFORMA DO SEU ORGANIGRAMA.

EU espera que a teima de asignar varios millóns de euros en plans de emprego do BNG non teña nada que ver coa posibilidade de contratar empregos con fondos municipais a través do consorcio do Casco Vello, feito que xa te fixera noutras ocasións con programas como o de COIDADORES DE BARRIO que EU considera interesantes pero que teñen que ser xestionados dende o concurso público e dende a contratación do propio Concello. Unha contratación que ten que ser pública, con méritos e con concurso e publicidade.

O coordenador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo recorda que artellar contratación laboral en base a programas que logo co tempo quedan sen asignación significa que personas que comezan unha actividade laboral concreta quedan na “estacada” cando se agotan os recursos asignados a ese plan e lembra que programas como o dos COIDADORES tiveron dous paróns por problemas orzamentarios ate que na súa derradeira etapa os traballadores e traballadoras do servicio constituironse en cooperativa para xestionalo.

Os que se din de esquerdas teñen que erradicar dunha vez os modelos de emprego semiprivados ou privados con cargo a cartos públicos. Se se necesita un servicio hai que consignar os postos na OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO e deixarse de “chiringuitadas” de dudosa utilidade para consolidar emprego. O modelo de contratación mediante CONSORCIOS, orquestado nun primeiro momento polo PP, foi curiosamente o máis denunciado por sindicatos e cidadáns durante os goberno do bipartito na Xunta de Galicia. ESQUERDA UNIDA considera que a contratación con cartos públicos non pode nin debe dende unha concepción de de esquerdas da política e da xestión pública orientada a este modelo.

ESQUERDA UNIDA estará vixiante ante os procesos de contratación laboral que se consignen dende o Consorcio do Casco Vello ou entidades similares que sexan receptoras dos futuribles plans de emprego que con evidente opacidade inclúen a proposta de orzamentos para o 2012.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: