RUBÉN PÉREZ: A CONVOCATORIA UNITARIA DE FOLGA XERAL O DÍA 29 É A NOTICIA POSITIVA QUE ESPERABAMOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS PARA CONFRONTAR A REFORMA LABORAL DO PP

O coordenador local de EU en Vigo valorou hoxe a convocatoria de FOLGA XERAL para o día 29 de marzo por parte de UXT e CCOO, que se une en data á da CIG, como unha noticia esperanzadora para os retos e loitas que a clase obreira ten que afrontar indefectiblemente nestes tempos. Recorda de a Folga é un método non un fin polo que as mobilizacións destas semáns e as que restan son indispensables para o bo suceso do paro xeral.


 

O coordenador local de EU en Vigo lembra que fai 40 anos a clase obreira en Ferrol loitou e sufriu a violencia mortal do franquismo. A cidade viviu en loita a declaración do estado de excepción ante as loitas obreiras e populares.Contou daquela coa solidariedade fraternal da cidade, do país ( coas loitas de Vigo ) e de moitos traballadores no Estado. Logo de 40 anos tornamos a vivir en loita o 10 de Marzo, Día da Clase Obeira Galega, nunha situación de excepción producida polo Golpe de Estado laboral do PP, que tenta rematar cos fráxiles dereitos que as sucesivas contrarreformas laborais teñen castigado á clase traballadora.

Para EU este GOLPE DE ESTADO LABORAL DO PP agóchase nunha suposta intentona de saída da crise, o capital e os seus capataces están a destruír os restos do Estado social e de dereito recoñecido na Constitución para implantar unha brutal ditadura do patrón nas empresas: despedimentos libres logo dun ano de traballo, reducións arbitrarias de salario e cambios nos horarios e postos de traballo; abaratamento maior dos despidos, atrancos para exercer o dereito de lactancia e a conciliación da vida familiar e laboral… todo elo regado con cuantiosas subvencións de diñeiro público de todas e todos nós para que nos sobreexploten a discreción.

A NOSA REPOSTA TEN QUE SER, HOXE COMO ONTE, LOITA E UNIDADE DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES. Cando unas trescentas mil persoas restan no paro en Galicia, cando a pobreza roe o día a día dunhas 600.000 persoas no noso país, cando se recortan nos servizos públicos da sanidade, educación e dependencia e se privatizan hospitais, centros de saúde e escolas infantís, é tempo de actualizar as leccións que as mulleres e homes da clase traballadora nos legaron daquel marzo, é tempo de loita unitaria na defensa dos nosos dereitos como traballadoras e traballadores, porque os dereitos  se gañan na loita e se perden cando caemos na resignación e no mal menor.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: