ESQUERDA UNIDA CONSIDERA INTOLERABLE A SUBIDA DO BILLETE DO TRANSPORTE PÚBLICO EN VIGO E CALIFICA DE “RAPIÑA EMPRESARIAL” A XESTIÓN PRIVADA DOS SERVICIOS PÚBLICOS

EU lembra que o grupo AVANZA (no que se atopa VITRASA) tivo en 2010 unha facturación de 400 millóns de euros cun resultado de explotación (antes de deducir os intereses financieros, as amortizacións o depreciaciones e o Imposto sobre a Renta) de 100 milóns de euros. Resultados económicos procedentes nun 72% dos servicios de transporte privatizados o que amosa máis un negocio lucrativo que un servicio público.
ESQUERDA UNIDA recorda que en 1994 o goberno tripartito do que formaban parte BNG EG e PSOE concederon a VITRASA a concesión pública do transporte en Vigo por outros 25 anos argumentando que a titularidade das cocheiras de Vitrasa impedia quitarlle o servizo á empresa a pesar do evidente mal servicio que xa entón realizaba na cidade. Dende entón o servicio encareceuse notablemente (o máis caro de Galicia en 2000 e agora dos máis caros de todo o estado español) mentres o transporte público en Vigo perde miles de usuarios e as condicións laborais degrádanse na propia empresa.

Para ESQUERDA UNIDA o incremento por enriba do IPC das tasas municipais e agora o desorbitadamente elevado do billete de transporte amosan que existen unha rapiña empresarial sobre servicios públicos esenciais: auga, transporte, alumeado, rede semafórica o que obriga de xeito urxente a mudar as políticas dende o Concello asegurando un prezo dos servicios de acordo cos ingresos medios dos cidadáns e os incrementos salariais reais. Esquerda Unida lémbralle ao alcalde de Vigo que vive nunha cidade donde escasean os salarios por enriba do 900 euros e que en miles de traballadores e traballadoras este ano 2011 non se aplicará a cláusula de revisión salarial no seu convenio.
Advertisements

2 Respostas

  1. Por esa nota nas marquesinas estaría moi ben.

    Un saúdo.

  2. ¿Que competencias teñen os revisores de Vitrasa?¿Son eles quen para pedirche que te identifiques ou teñen que chamar as forzas de seguridade, en caso de non deixar o tiket ou a tarxeta do autobús?¿Pódenche expulsar do autobús nese caso?

    Un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: