ESQUERDA UNIDA INICIA UNHA CAMPAÑA DE INFORMACIÓN E DE RECOLLERÁ SINATURAS PARA SOLICITAR QUE A PRÓRROGA A AQUALIA SEXA SOMETIDA Á “CONSULTA CIDADÁ”

EU pretende recoller o 8% de sinaturas do censo electoral de Vigo tal e como solicita o ARTIGO 35 do Regulamento de Participación cidadá de Vigo e a Lei Orgánica 2/1980 sobre referendos e as súas modalidades. A campaña de recollida de sinaturas que desenvolverase por todos os barrios e parroquias de Vigo estará acompañada do reparto de 10.000 folletos informativos sobre as alternativas á xestión privada da auga que ESQUERDA UNIDA defende.

O coordenador local de ESQUERDA UNIDA de Vigo Rubén Pérez e Eva Solla, da executiva local de EU presentaron onte a campaña de recollida de sinaturas e reparto de información recordando que estamos ante un problema serio de calidade de servicio e de oportunidade para facer da auga e o saneamento non un negocio senón un servicio público eficiente. Rubén Pérez considera indispensable que a esquerda alternativa de unha batalla frontal contra a xestión privada de servicios públicos nun momento no que, nos ámbitos municipais, a eficiencia económica e social
son indispensables.

EU suliña que moitas persoas descoñecen que o servicio de auga e saneamento en Vigo foi xestionado por unha empresa pública ate que de xeito interesado foi privatizada polo goberno municipal. Estamos ante un feito non aillado senón que foi un proceso que se viviu de xeito análogo en moitos paises europeos, os mesmos, como Italia ou Francia, que agora cuestionan estas privatizacións e comenzan o proceso de remunicipalización da auga. Incluso Italia celebrou un
referendo para vincular definitivamente a auga ao sector público e impedir á privatización da mesma.

EU pretende que sexa dende a participación cidadá e o referendo público dende onde parta a defensa dunha remunicipalización do servicio de augas e saneamento de Vigo, polo tanto recollerá sinaturas de acordo co artigo Artigo 35 do REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ:

Correspóndelle ao Concello realizar os trámites pertinentes para celebrar a consulta cidadá sobre materias da súa competencia.

Tamén se poderá celebrar consulta cidadá a petición colectiva, asinada por un mínimo de veciños non inferior ao 8% do censo electoral municipal, logo da resolución dos acordos interesados. Todo o que non prevé este artigo regularase conforme o disposto na lexislación estatal ou da Comunidade Autónoma, especialmente a Lei Orgánica 2/1980 de 18 de xaneiro, regulamentadora das diferentes modalidades de referendo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: