ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE O PARÓN DEMOGRÁFICO, A EMIGRACIÓN ECONÓMICA E O DESPLOME DA CONSTRUCCIÓN OBRIGAN XA A REDACTAR UN PXOM NOVO E ANULAR O VIXENTE

O coordenador local de EU ante os datos sobre demografía, desemprego e licencias de obra en Vigo (ICIO) considera acertada a posición de EU de opoñerse frontalmente ao actual PXOM que invalida un modelo de desenvolvemento urbanístico sostible e adecuado non á construcción de vivenda nova senón a rehabilitación e eficiencia enerxética das vivendas existentes e o aproveitamento primario do importante espacio agro-forestal que temos no municipio.

O coordenador local de ESQUERDA UNIDA de Vigo Rubén Pérez valora como “endémicos” os datos demográficos de Vigo e poñen de manifesto o camiño da emigración económica que viven moitos vigueses e viguesas, especialmente mozos e mozas, ante unha cidade que empeza a ter problemas de desemprego xa estructurais, feito que para EU son especialmente singulares na historia recente de Vigo ao non ter un sector económico alternativo no que integrar a man de obra excedente de outros como si pasou noutras crises: EU recorda que a construcción e os servicios ou recentemente o sector auxiliar do automóbil foron “colchóns” para os traballadores e traballadoras que caían do sector naval e do pesquero, pero hoxe, en palabras de Rubén Pérez: “aos mozos e mozas pouco a pouco á única alternativa viable de inserción ou estabilidade no emprego será a emigración”.

EU recorda que o IBI sigue sendo a asignatura pendente desde Concello e sendo un dos capítulos máis grandes en canto a ingresos un concello que se dí progresista debería incrementar notablemente o IBI das vivendas baleiras para obrigar á súa saída ao mercado de aluguer evitando o “estacionamento especulativo de vivendas” que vivimos nalgúns barrios de Vigo. Igualmente considera, e o grupo parlamentar de IU está traballando nelo, que o parlamento debe aprobar de xeito inmediato que os edificios eclesiásticos (exentos actualmente de tal imposto) empecen a pagar o IBI e deixen de ser “espacios okupas” do público as igrexas e edificios eclesiásticos na nosa cidade: seminarios, apartamentos para personal eclesiástico, sedes episcopais, etc…

Rubén Pérez califica de “deserta” a dirección do urbanismo vigués e pide que o concello busque unha persona capaz e cualificada para planificar e xestionalo. O modelo de “pluriempleo” da actual concelleira é a todas luces incapaz e inoperante, incluso coa menor carga de traballo da concellaría en moitos anos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: