ESQUERDA UNIDA EN CONTRA DA AMPLIACIÓN DA AP9

Logo do anuncio no B.O.E. do 24 de novembro da aprobación da modificación do Convenio entre a Administración do Estado e AUDASA de cara á ampliación da AP-9 nos tramos “Santiago norte- Santiago sur” e “enlace de Cangas- enlace de Teis”, dende Esquerda Unida queremos manifestar o seguinte:

 Nos opoñemos radicalmente a todo tipo de novas ampliacións das vias de alta capacidade. No actual contexto de quecemento do clima provocado polas emisións de GEI producto da actividade humana, en boa parte procedentes do transporte, non se pode seguir insistindo na mesma liña. Os problemas de mobilidade non se solucionan con improvisacións e ampliando constantemente as vías de asfalto. É necesaria unha planificación territorial que, ao mesmo tempo que reduza as necesidades de desprazamentos, contemple como medio de transporte estratéxico o tren convencional xestionado públicamente, por suposto. É necesario un plan de movilidade sostible que combine as distintas modadilades de desprazamento dando prioridade ás máis sostibles ambientalmente (a pé, bicicleta, tren, autobús) sobre as máis insostibles, como é o transporte en vehículo privado.

Por outra parte, queremos recordar que a ampliación da AP-9 no tramo enlace Cangas- enlace Teis, afectaría á zona da Enseada de San Simón, zona declarada Lugar de Interese Comunitario e que o proxecto de ampliación nin sequera foi sometido a Avaliación de Impacto Ambiental sendo esta unha zona moi sensible ás intervencións. Ademáis, a realización desta obra suporía prexuicios sociais xa que implicaría a destrución de infraestruturas públicas na zona de Chapela así como de vivendas unifamiliares e o aumento do ruído que teñen que soportar os veciños da zona (que xa supera os decibelios permitidos) polo que esta obra conta cunha amplia oposición social.

Con respecto á ampliación do tramo Santiago Norte- Santiago Sur, aos inconvintes xa descritos, temos que engadirlle que esta obra realízase en boa medida para dar entrada a CdC da cultura, é decir, máis gasto público para poñer en valor un mausoleo que nunca se debeu construír.

En definitiva, trátase dunha nova agresión ao noso territorio coa única intención de proporcionar beneficio privado. É decir: destrución do de todos para beneficio duns poucos, ao que hai que engadirlle o incremento anual das tarifas nun 1% durante 20 anos que se sumará ás revisións anuais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: