ESQUERDA UNIDA URXE AO PSOE E BNG A DERRUBAR “DE URXENCIA E DE ACORDO COA LEI DE MEMORIA HISTÓRICA” A CRUZ FASCISTA DO CASTRO ANTES DA CHEGADA AO GOBERNO DO PP

Simulación de cartel de derribo da cruz do Castro nas pasada eleccións municipais

Para EU a configuración do novo goberno é un perigo para unha Lei de Memoria incumplida reiteradamente polo goberno de Abel Caballero en solitario agora pero antes co apoio do BNG. Unha lexislatura completa e 6 meses de outra non teñen sido suficientes para dar curso á legalidade e a restitución dos valores democráticos na nosa cidade

O coordenador local de EU recorda que varios candidatos e membros do PSOE como Carmela Silva e Santos Héctor asinaron a favor da petición da COMISIÓN VIGUESA PARA A MEMORIA DO 36 de derribar o símbolo franquista polo que pide coherencia política e que presenten a asuman no pleno tal sinatura. A Lei de Memoria establece claramente que é un simbolo franquista e que é un símbolo relixioso polo que ninguén pode artellar unha negativa a tal derribo en base a que o símbolo é unha cruz católica porque na mesma cidade de Vigo en moitas fachadas de igrexas e de acordo coa lei foron retiradas cruces metálicas e o nome de Jose Antonio Primo de Rivera.

ESQUERDA UNIDA recorda que existe unha denuncia presentada por diversos colectivos sociais e politicos da cidade que presentaron ante o xulgado do contencioso-administrativo sobre este tema e pide urxencia ao concello para evitar xudicializar un tema de tan fácil solución. Igualmente para EU a urxencia non é secundaria xa que despois das eleccións municipais en moitos concellos do estado español o PP empezou o traballo de “demolición” da lei de memoria en base a retirada de placas e monolitos e mesmo de cambios de nomes de rúas.

EU loitará por defender esta Lei de Memoria que, aínda que imperfecta polo impedimento do goberno de darlle desenvolvemento e orzamento adecuado, foi un avance real pola memoria democrática e republicana no noso país.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: