MOTIVOS PARA INDIGNARSE ANTE A PRÓRROGA DE AQUALIA EN VIGO

O recente anuncio do goberno do PSOE en Vigo de ampliar ate 2020 a concesión a empresa privada AQUALIA do servicio de augas e saneamento de Vigo, (concesión que remataba en 2015) supón unha oportunidade perdida para facer deste servicio non un negocio senón un xeito sostible, social e público orientado ao interés xeral da cidade.

Dende fai anos ESQUERDA UNIDA ven denunciado o encarecemento e o interesese económico da xestión pública da auga, que é un recurso natural e un ben universal polo que o acceso a ela ten que ser garantido como un dereito humán

A finalización da concesión de AQUALIA era un momento idóneo para plantexar a volta a unha EMPRESA MUNICIPAL DE AUGAS e evitar xestión privada de calquera das fases do ciclo integral da auga e polo tanto o artellamento dunha política de taxas e canons claramente progresiva. Porque deste xeito podemos xestionar adecuadamente a demanda de auga nos fogares, oficinas, hostalaría, comercios e empresas coñecento previamente o consumo de auga e comparalo co consumo medio diario por persoa.

Por poñer un exemplo no estado español estímase un consumo medio diario por persoa de 157 litros por persoa e, con todo, o consumo medio por persoa que se considera eficiente é de 100 a 120 litros por persoa.

Unha vez coñecido o consumo, e o seu carácter de excesivo ou non, débese realizar un seguimento da súa evolución no tempo, o que permitirá coñecer as eventuais fugas ou as anomalías nas instalacións e nos aparellos sanitarios.

Desde o Goberno Municipal débese impulsar a revisión dos hábitos de consumo e a implantación dos cambios tecnolóxicos necesarios, chegando a establecer os hábitos de consumo máis eficientes e as modificacións que deberían efectuarse nas instalacións.

Ante todo hai que ter sempre presente a situación crítica da auga como recurso, que ha de ter unha calidade suficiente para o abastecimento humano, agrícola, gandeiro e industrial e para o medio natural.

O Embalse do Oitabén e de Zamáns están suministrando a varios concellos, con arbitrariedade no servicio e nas cargas presupostarias. É necesario mancomunar a xestión deses embalses, con carga proporcional as necesidades de cada concello. En caso de sequía prolongada ditos embalses xa non poderán asegurar os actuais estándares de consumo para toda-la comarca.

Dende que se privatizou a auga en Decembro de 1990, o recibo da auga en Vigo aumentou nun 73%, máis do doble ca inflacción.

Tomando base 100 o precio do recibo bimensual con un consumo de 30 m3 para xaneiro de 1999, o precio dese recibo era 147 en xaneiro de 1995 e 173 en xaneiro de 1999. Vese que a suba estivo igualmente repartida en relación á inflacción co PSOE e co PP. Dende o punto de vista dunha xestión ambiental que pretenda o incentiva-lo aforro dese recurso básico é absurdo que se pague sobre un consumo mínimo de 30 m3/recibo bimensual ainda que o consumo sea menor.

Dende un punto de vista social, dado que se trata dun recurso vital, sería lóxico que houbera un consumo mínimo gratuíto, e partir de haí unha forte progresividade da tarifa de xeito que se incentivase o aforro de auga, e pagase máis en termos absolutos e relativos, quen máis consume.

Si houbera un suministro de auga non potable para uso industrial, agrícola e gandeiro, aforraríase enerxía e poderíase suministrar auga máis barata para estes usos. Aínda que para regadío deberase utilizar a procedente do sistema de regadío. Ese suministro sería máis factible si existise en Vigo unha ordenación do territorio que permitise a localización e concentración desas actividades.

Parte deses suministros poderían ser con auga reciclada de depuradoras, o que permitiría un notable aforro en termos de contaminación e económicos.

Aumentar o tempo da actual concesionaria que non ten ningún intereses en facer un servicio público e si un negocio é política que está nas antípodas do progresismo económico e social

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: