RUBÉN PÉREZ (EU): O BARRIO DE NAVIA CONTÉN PARTE DO PROBLEMA DA FALLA DE CONTROL PÚBLICO NA PLANIFICACIÓN E CONTROL URBANÍSTICO.

Rubén Pérez, nº 1 da candidatura de EU ao Congreso dos Deputados por Pontevedra,  aproveitou hoxe un FORO ABERTO na rúa celebrado na entrada do Pabellón Deportivo de Navia para lembrar que nese barrio producíronse procesos de especulación en vivendas de protección pública con sobreprezos que son un exemplo da falla de control público sobre o proceso urbanizador.
 
O candidato de EU lembrou que EU defende GARANTIR O DEREITO CONSTITUCIONAL Á VIVENDA, entendendo que o dereito a unha vivenda digna está recollido no artigo 47 da Constitución Española. A súa lectura é un excelente argumento: “Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicos promoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacer efectivo este derecho, regulando la utilización del suelo de acuerdo con el interés general para impedir la especulación. Para o membro do Consello local de EU e residente no barrio, Roi Cagiao, as políticas de loita contra o fraude fiscal e a especulacións sobre algo tan importante para as economías familiares como é a vivenda somentes está asegurado cun crecemento institucional de EU no Congreso”.
 
Esquerda Unida propón como medidas esenciais en material de vivenda:
 
– Reforma da Lei de Enjuiciamento Civil en materia de desahucios e da Lei Hipotecaria, coa incorporación da fórmula da dación en pago.
–  Moratoria en calquera operación de desahucio por impago da hipoteca a quenes se atopen en situación de paro ou de dificultades económicas como consecuencia da crise. Establecerase un sistema de mediación que permita que os afectados poidan continuar na súa vivenda mediante un pago que en ningún caso superará o 30 % dos seus ingresos.
–  Creación dun parque público de vivenda en aluguer moderado cós stocks actualmente detentados pola Banca e os promotores que mercarían as Administracións Públicas a prezo de coste, utilizando cédulas hipotecarias e outros mecanismos financeiros. Habería que engadir as obteñidas pola expropiación das vivendas desocupadas.
–  Fomentar a autoconstrucción de vivendas.
–  Eliminación da claúsula “solo” nas hipotecas en vigor e nas vindeiras.
 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: