RUBÉN PÉREZ (EU): O PETRÓLEO GALEGO É O SECTOR FORESTAL E O SEU APROVEITAMENTO SOSTIBLE E MANCOMUNAL.

O Candidato de EU ao Congreso dos Deputados presentou hoxe as propostas de ESQUERDA UNIDA en materia de empregos verdes no sector forestal e denunciou que os cartos de indenmizacións de apropiacións públicas erróneas de montes de man común acaben en “paparotadas” para 3000 veciños cando perfectamente esa Mancomunidade podía empregar eses cartos en horas de peonadas forestais e loitar contra o desemprego na zona.

O uso populista dos cartos dos Montes de Mancomún ten que acabarse de inmediato ou estamos dando alas aos que queren privatizar os nosos montes. Esquerda Unida ten artellado un plan de emprego de aproveitamento, reforestación e ampliación da masa forestal que empregaría a máis de 300.000 personas no estado español e especialmente en Galicia donde temos máis de 800.000 hectáreas de monte desaproveitado. O candidato de EU criticou abertamente que os comuneiros de Cabral decidiran empregar unha parte da indemnización pola apropiación ilegal do monte comunal por AENA en celebrar unha comida para 3.000 personas coa participación (en plena campaña) de Pepe Blanco e Abel Caballero.

Para Rubén Pérez temos que ir erradicando este “cancro” de que o tecido asociativo da cidade sexa unha correa de trasmisión de tal ou cal partido. ¿Cantos peóns forestais pódense contratar co custe de 3000 menús e aluguer do espacio?, a mala xestión dos recursos públicos tamén se pode facer cos recursos comunais como o monte que non é exclusivo dos comuneiros actuais senón tamén dos futuros e do resto da sociedade.

ESQUERDA UNIDA considera que detrás dos movementos lexislativos da Lei de Montes de Galicia hai un uso privado encuberto do mesmo e é necesario loitar pola unidade das comunidades de montes para evitar que as papeleiras (o 80% do eucalipto plantado vai para elas) decidan o uso e diversificación de especies no noso monte EU considera que estamos ante o verdadeiro “petróleo” galego, capaz de producir riqueza sen contaminar, incluso contribuíndo o desenvolvemento sostible do noso entorno forestal. Hai que loitar pola creación de organismos plurais onde estén as administracións públicas pero tamén os comuneiros, os movementos ecoloxistas e por suposto o concepto de desenvolvemento sostible dos nosos montes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: