RUBÉN PÉREZ EN PONTEVEDRA: “O PSOE SACA AS SÚAS MOMIAS PARA CONXURAR O VOTO”

No mitin central de campaña de Pontevedra celebrado hoxe no Teatro principal da capital do Lérez o cabeza de lista de ESQUERDA UNIDA ao Congreso por Pontevedra lembrou que as chamadas ao vóto útil e a estratexia de difamación da pinza foron simples cheques en branco para que o PSOE realizara as mesmas políticas que o PP nas dúas últimas lexislaturas, evitando avanzar nunha reforma fiscal xusta na que as rendas do traballo tributen como as do capital, engordando a especulación inmobiliaria, realizando “vacacións fiscais” de casi 28.000 millóns de euros anuais (recoñecidas polo mesmo Rubalcaba.

Acompañado no acto polo membro da candidatura de EU Santiago Meis suliñou que levamos 25 anos de alternancia política sen que se teñan posto en valor propostas netamente de esquerda alternativa. Puxo como exemplo o ambicioso plan de emprego que presenta EU-OV neste proceso electoral que suliña claramente as fontes de financiación das mesmas que son a persecución do fraude fiscal, a fiscalización do beneficio do gran capital que acaba na economía especulativa e non na productiva e sobre todo na reducción da xornada laboral e a reducción da idade de xubilación para evitar que sexamos un dos países da UE con xornadas laborais máis amplas.

Santiago Meis recordou que neste país a crise é igual que no resto dos países da UE pero que, ante a falla de control público e de unha lexislación laboral xusta traducése en niveis de desemprego que aproveitan de xeito abusivo o gran capital para desregular e ter unha lexión de traballadores e traballadoras en situación de desemprego coa que xogar sen miramentos.

O acto contou coa participación do público que preguntou aos candidatos sobre a postura de EU ante a estructura militar da OTAN, a fiscalización dos programas electorais como garantes de que se cumplen os seus contidos, a financiación das organizacións sindicais e a democracia participativa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: