CRÓNICA ACTO PÚBLICO DE ESQUERDA UNIDA EN COIA- VIGO

O pasado xoves 10 de Novembro, Esquerda Unida- Os Verdes celebrou un acto político en Coia, no local parroquial do Cristo da Victoria.

No acto interviron Rubén Pérez, cabeza de lista de Esquerda Unida-Os Verdes ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra e EvaSolla, nº2 da candidatura.

Eva explicou que Esquerda Unida-Os Verdes ven prioritario o cambio de modelo económico para abandonar o modelo especulativo no que nossituamos e indicou as medidas económicas e sociais que contempla o programa de Esquerda Unida para conseguilo.

Pola súa parte, Rubén, fixo referencia ao arduo traballo que está a representar a campaña e que resulta unha continuación do traballo realizado antes de ela, xa que Esquerda Unida reuniuse con miles de persoas para elaborar no último ano o programa co que se presenta a estes comicios. Asi mesmo, explicou diversos puntos de dito documento e comentou a situación económica actual, derivada en parte según Pérez, da herdanza dos gobernos pasados e da entrada de España en Europa coa sinatura do Tratado de Maastrich ao que Izquierda Unida se opuxo frontalmente dende o principio.

Finalmente, abriuse unha rolda de palabras, na que diversos asistentes plantexaron cuestións a cerca da coalición Esquerda Unida-Os Verdes ou o programa electoral , preguntas que foron respostadas polo candidato Rubén Pérez.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: