RUBÉN PÉREZ (EU): CANGAS É UN BO EXEMPLO DE QUE A ESQUERDA PODE CONVERXER DENDE A MOBILIZACIÓN SOCIAL ATE AS INSTITUCIÓNS

En rolda de prensa co concelleiro da ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS e membro de Esquerda Unida Xosé Manuel Pazos, o cabeza de lista de EU por Pontevedra lembrou que ESQUERDA UNIDA concurre a este proceso electoral con máis de 20 forzas políticas con diferentes visións en canto ao modelo de estado: independentistas como Bartzarre en Navarra, nacionalistas como a Chunta Aragonesista ou mesmo de carácter federal como Os Verdes ou a propia IU.

Lembrou que fixeron falla moitos anos para esa converxencia social e política da esquerda que hoxe temos en Cangas pero que seguramente poderemos exportar a moitos outros frentes de loita social e mesmo electoral no futuro porque a clase traballadora así o precisa: unha forza alternativa e plural da esquerda organizada e anticapitalista.

O concelleiro do ACE Xoan Manuel Pazos lembrou que EU é unha forza en ascenso, non só electoral senón de implementación social ao tempo que Rubén Pérez lembraba que na comarca de Vigo escasos votos e unha lei electoral inxusta impediron que en Gondomar e Vigo hoxe teñamos dous ou tres concelleiros de EU.

Rubén Pérez sinalou as prioridades programáticas de ESQUERDA UNIDA centradas nun plan ambicioso de emprego (na contorna de 3 millóns de emprego) a financiar mediante o aumento do peso da contribución fiscal ao 40% do PIB como no resto da UE, a persecución do alto fraude fiscal, a implementación fiscal de que “quen ten máis paga”, a creación dun imposto sobre o beneficio empresarial e o gasto público.

Rubén Pérez recordou que forzas que apelan ao vóto útil como o PSOE e o BNG terían que explicar programáticamente para que políticas, xa que un programa que vale para a patronal da conserva ANFACO, culpable de deslocalizacións de tecido productivo no sector no morrazo á países latinoamericanos, é incompatible con un programa útil para os traballadores e traballadoras que quedan sen emprego polo peche destas industrias. “A contradicción que sufrimos os traballadores e traballadoras é a do capital-traballo, rematou declarando o cabeza de lista de EU”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: