RUBÉN PÉREZ (EU): AS VACACIÓNS FISCAIS DESTE ANOS A DETERMIÑADAS RENTAS DESTE PAÍS SON PARTE DOS CAUSANTES DA CRISE E EXCUSA PARA OS RECORTES E PRIVATIZACIÓNS

O Candidato de EU ao Congreso dos Deputados presentou hoxe as propostas de IU en materia fiscal suliñando que o Artículo 31 da Constitución Española di: “Todos contribuirán al sostenimiento de los gastos públicos de acuerdo con su capacidad económica mediante un sistema tributario justo inspirado en los principios de igualdad y progresividad que, en ningún caso, tendrá alcance confiscatorio”. O propio FMI establece en alomenos 4 puntos do PIB español os regalos fiscais en España.  

Para EU a proposta non é máis ou menos impostos, é xustiza fiscal: que tódalas rendas tributen da mesma maneira, sexan do capital ou do traballo, e que paguen máis os que máis teñen o gañan. No obxectivo de contar cós recursos dabondo para situar a creación do emprego por riba de todo. Na esquerda tamén preocupámonos polo déficit. O déficit excesivo prolongado no tempo limita as opcións das novas xeracións pero tamén é un instrumento de política económica mediante o cal se financian infraestructuras públicas e incluso se incentivan sectores industriais e emprego.

O alto fraude fiscal (calculado en case o equivalente ao 24% do PIB) sigue lastrando moita inversión pública ao igual que o fai as sucesivas modificacións dos tramos do IRPF que fixeron que as persoas que declaran ingresos entre 60.000 e 120.000 euros anuais tributen no tramo do 43% en vez do 45% dos países europeos cunha fiscalidade máis xusta e progresiva.

Para o candidato de EU os obxectivos principais da reforma fiscal que propón Esquerda Unida son:

• Garantir os principios de equidade e progresividade establecidos na Constitución Española.

• Asegurar a financiación sen déficit superior ao 3% (entendendo para o conxunto do ciclo) das necesidades orzamentarias das Administracións Públicas, garantindo en todo intre a consolidación e desenvolvemento dos servizos públicos que constitúen o chamado Estado de Benestar, é moi especialmente a sanidade, a educación e a aplicación da Lei de Dependencia.

• Situar a contribución española na media de países da Unión Europea, ao exercicio final da lexislatura (2015) que a contribución fiscal se sitúe no 40% do PIB.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: