CRÓNICA DO ACTO PÚBLICO EN MARÍN

O pasado sábado, día 05 de Novembro, Esquerda Unida- Os Verdes celebrou un acto electoral na biblioteca pública municipal de Marín. No acto, que tiña por título “Crise, desemprego e alterantivas” interviron Eva Solla, candidata de Esquerda Unida-Os Verdes ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra e José Cuevas, candidato ao Senado.

 Eva Solla recalcou que para Esquerda Unida-Os Verdes o emprego está “por riba de todo”, polo que presentou o Plan de Choque para o emprego da coalición para 2012 que se basa principalmente na creación de empregos verdes para o aproveitamento forestal, rehabilitación sostible de vivendas e emprego social no marco da Lei da Dependencia. Sobre este último punto insitiu en que por outra banda resulta imprescindible para favorecer a reincorporación da muller ao traballo, nun momento en que a crise devolveu a moitas ao ámbito doméstico. Eva, lembrou que dende Esquerda Unida seguen cunha das súas reclamacións históricas: xornada laboral de 35 horas sin reducción de salario. Esta proposta, comentou, xeraría miles de postos de traballo e indicou algunas medidas para conseguilo.

Remarcou tamén a necesidade de axudar a autónomos e pequeñas-medianas empresas, lembrando que as empresas de menos de 10 traballadores contratan o 85% dos postos de traballo. Paralelamente insistiu en que é preciso atacar ao fraude fiscal, que produce unas perdas anuais de máis de 42.000 millóns de euros, facer aflorar a economía sumerxida e instaurar uns impostos progresivos para que os que máis teñen contribúan máis.

José Cuevas, pola súa parte, subliñou a importancia de que Esquerda Unida –Os Verdes estén presentes con grupo propio no Congreso, para defender os dereitos dos traballadores e o negativo que supón a actual Lei electoral, absolutamente inxusta según Cuevas, onde non todos os votos valen o mesmo. Por iso defendeu a necesidade da Reforma da Lei electoral para que se poida acercar á máxima “Un home= un voto” independientemente da zona de España de onde proceda. Por outra banda, Cuevas chamou aos votantes a reflexionar se desexan uns servicios públicos e de calidade, obxeto que defende o seu partido, ou privatizados, coma están a propiciar PSOE e PP e lembrou que a sanidade e educación son un dereito e deben ser públicos e gratuitos. Neste sentido, recordou aos asistentes o daño que supón a recente reforma Constitucional para a inversión nos servicios e infraestructuras públicas.

 Os dous candidatos resaltaron a solvencia do plan de emprego de Esquerda Unida-Os Verdes, amplamente estudiado no que se explica claramente o presuposto necesario e as medidas de onde saldrían os cartos precisos para acadalo. 

Posteriormente abriuse una rolda de palabras onde os asistentes expresaron as súas ideas e preguntaron a cerca do Programa electoral.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: