ESQUERDA UNIDA PRESENTA O SEU PROGRAMA E CAMPAÑA QUE ESTARÁ ORIENTADA NA DICOTOMÍA “DEMOCRACIA OU MERCADOS”

Jose Cuevas, coordenador provincial de campaña en Pontevedra e Rubén Pérez, cabeza de lista de EU ao Congreso dos Deputados por Pontevedra suliñan a importancia de centrar o debate político en propostas concretas e alternativas ao modelo de alternacia de partidos que ten provocado esta crise.

Rubén Pérez centrou as propostas programáticas concretas de EU baseadas nun plan de emprego cuantificado en canto a recursos para levalo a cabo e número de postos de traballo a crear desagragado por sectores. Igualmente Rubén Pérez recordou as cinco primeiras medidas que defenderán os deputados e deputadas de EU:

1- Un proxecto de LEI DE MEDIDAS EXTRAORDINARIAS PARA A CREACIÓN DE EMPLEO durante os anos 2012, 2013 y 2014 e a protección aos traballadores desempregados que perderon as prestacións por desemprego.

2-  Apoio á tramitación da Iniciativa Lexislativa Popular presentada por CC.OO e UXT sobre a reforma laboral e a súa transformación, se fora necesario para axilizar a súa tramitación, nunha proposta lexislativa propia. (ILP que conqueriu un 1 millón de firmas)

3- Derogación da conxelación de pensións e de retribucións dos empregados públicos e garantía de recuperación do poder adquisitivo perdido.

4- Un Proxecto de Lei Orgánica de garantía de prestación e calidade dos servizos públicos, especialmente os relacionados con educación, saúde e dependencia e do dereito constitucional á vivenda por parte das Administracións Públicas mediante a atribución dun limiar de gasto en porcentaxe de PIB e o recoñecemento concreto e eficaz da igualdade de dereitos de todos os cidadáns.

5- Reforma da Lei Electoral para garantir os principios de igualdade de representación e proporcionalidade, así como a aplicación de procedementos efectivos de democracia participativa.

Jose Cuevas, responsable de campaña de ESQUERDA UNIDA en Pontevedra suliñou que con máis de 30 actos centrais na provincia e decenas de actos locais ESQUERDA UNIDA aspira a consolidar á organización e vencer o muro bipartidista (en Galicia tripartidista) para que EU por fin os traballadores e traballadoras de Pontevedra teñan representación directa en Madrid.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: