ESQUERDA UNIDA DE VIGO CELEBRA A PRIMEIRA ASEMBLEA ABERTA DE TRABALLO PARA A CONVOCATORIA SOCIAL DUN PROGRAMA ALTERNATIVO

EU de Vigo comezou onte os traballos para configurar un amplo debate social orientado a ir concretando propostas programáticas dentro do proceso de CONVOCATORIA SOCIAL que lanzou IU a nivel Federal.

Coa participación de afiliados, simpatizantes, membros de colectivos sociais e cidadáns a título individual, EU de Vigo abriu a súa asemblea para coñecer as propostas da cidadanía activa, nun momento no que a rúa pide as forzas políticas democracia orgánica e modelos participativos amplos.

Na presentación da CONVOCATORIA o coordenador local de EU, Rubén Pérez, recordou que esta proposta nútrese das propias orixes de EU que, como movemento político e social, nace das plataformas plurais que en 1986 organizaronse para artellar o NON a entrada do Estado español na OTAN.

A asemblea, que foi moderada por compañeiros non pertencentes a EU, propuxéronse diversos temas de debate e propostas programáticas orientadas a buscar unha forza política que sexa capaz de enfrontarse a situación actual do sistema capitalista. Algunhas destas propostas foron:

  • Independencia do poder xudicial
  • Reforma do estado
  • Nova lei electoral (1 persoa = 1 voto)
  • Con fondos públicos se subvencione medios de comunicaciñon non debería aparecer na Constitución.
  • Mínimo exigible o goberno para gasto público debería estar na Constitución.
  • Exigir política de planificación ás grandes empresas que xeren emprego e benestar social
  • Creación dunha banca pública, reformas no sistema financeira
  • Maior control das ICAP
  • Recuperación do Imposto do Patrimonio
  • Obrigatoriedade de un mínimo inversión de I+D
  • Luita contra a economía sumerxida.
  • Límite ó gasto militar
  • Prohibición na C a conxelación das pensións
  • Tasa TOBIN.
  • Sair da OTAN
  • Non participar en institucións militares. Construir un frente pacifista
  • Homoxeneizar as condicións laborais de forma internacional. Os produtos que se vendan no mercado internacional ten que cumprir un requisitos.
  • Para xerar empresas necesítase poder adquisitivo= vía salarios e redistribución da renda, impuestos progresivos.

Na asemblea, presidente do Comité de empresas do 061 informou da folga do sector convocada ante o feito de que estamos a padecer recortes no servicio de ambulancias. En pontevedra en 5 localidades estase a recortar unha ambulancia nocturna. 12 ambulancias asistenciais por ratio de población en Vigo, cos recortes quedarán soamente 3. Os asistentes amosaron a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras do 061

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: