CONTRA O REFORMAZO

O pasado venres, día 02 de Setembro, Esquerda Unida foi invitada por CCOO  a unha xuntaza, na que tamén participaron os sindicatos de UXT e USO para expresar a súa postura ante a reforma constitucional aprobada polo Goberno co apoio do PP.

Tamén asistiron invitados membros do movemento 15M, así coma representantes do AUGC (Asociación Unificada de Guardias Civiles) e da UFP (Unión Federal de Policía).

Por parte de Esquerda Unida acudiron Eva Solla, responsable de organización e Adrián Pinacho, responsable de comunicación, que referendaron a postura mantida por IU a nivel federal de apoio ás mobilizacións convocadas por CCOO,UGT e USO en contra da reforma e a favor da celebración dun referendo.

Posteriormente, celebrouse unha rolda de prensa na que Esquera Unida, CCOO, UXT e USO anunciaron a convocatoria conxunta para a concentración que terá lugar en Vigo o martes 6 de Setembro fronte ao Edificio Administrativo da Xunta (Praza da Estrela) ás 19:00, solicitando a máximo seguemento posible por parte da cidadanía, ao considerar que esta Reforma atenta gravemente contra o Estado de Benestar e pon en serio perigo moitos dos dereitos contidos na Constitución Española.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: