ASEMBLEA ABERTA DE ESQUERDA UNIDA DE VIGO, CONVOCATORIA SOCIAL PARA UNHA ALTERNATIVA PROGRAMÁTICA (CAMBIO DE DATA)

Prezadas/os compañeiras/os:

Esquerda Unida está a desenvolver con colectivos sociais plurais unha proposta de Convocatoria Social para unha Alternativa Programática para construír de maneira colectiva un Novo Programa Político de Esquerda. En Vigo queremos, despois da asemblea de presentación de xullo, comenzar o curso político dandolle pulo á recollida e debate de propostas políticas polo que animámoste á participar na nosa asemblea aberta :

ASEMBLEA LOCAL ABERTA en VIGO o vindeiro MARTES 6 DE SETEMBRO ás 19:30 horas na HOTEL COIA de Vigo (Rúa Sanxenxo 1, Coia)

Trátaremos de propiciar ao máximo a participación de cantas persoas e colectivos estean interesadas en producir un novo programa político que exprese os intereses e demandas das mulleres e homes de esquerdas: activistas sociais, sindicalistas, traballadoras e traballadores do sector cultural, profesionais, etc., Para isto iniciamos un novo método para, sobre un eixo temático, coñecer as vosas propostas que posteriormente concreten un Borrador de Programa para o seu posterior debate.

Estes eixos a desenvolver serían:

1.- Como crear emprego?
2.- Que medidas habería que adoptar para conseguir unha democracia real ?
3.- Como resolver o déficit público?
4.- Como actuar ante os embargos das vivendas?
5.- Como impulsar a economía real?
6.- Como defender o sistema público de pensións?
7.- Como avanzar na igualdade de xénero?
8.- Que gasto social deberían ter as administracións do estado?
9.- Como actuar ante a débeda externa privada das institucións financeiras?
10.- Como actuar para conseguir un cambio do actual modelo produtivo?
11.- Como conseguir a autonomía financeira das administracións locais?
12.- Como reorientar a actual política da Unión Europea para conseguir a cohesión social e territorial?
13.- Como garantir un bo futuro para a mocidade?
14.- Que política exterior, de cooperación e de seguridade debería ter o estado?
15.- Que proceso deberiamos impulsar para conseguir a instauración da República como modelo de estado?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: