ESQUERDA UNIDA DE VIGO DARÁ UNHA “BATALLA SOCIAL” POLO FUTURO DO SECTOR NAVAL NA RÚA E NOS PARLAMENTOS EUROPEO E ESTATAL

EU reparte esta semán en Vigo 8.000 octavillas pedindo a participación activa na mobilización sindical e ao mesmo tempo traslada iniciativas ao seu eurodeputado Willy Meyer e o deputado estatal Gaspar Llamazares.

ESQUERDA UNIDA súmase activamente a chamada sindical para loitar polo futuro do sector naval vigués. Esta semán o eurodeputado Willy Meyer deu traslado a unha queixa á comisión europea ante a grave situación de emerxencia económica que pode supoñer a paralización do tax-lease na nosa comarca. Igualmente Gaspar Llamazares trasladará preguntas á vicepresidente económica Elena Salgado sobre a situación do sector e as medidas que pretende levar a cabo o goberno central para a súa salvación.

ESQUERDA UNIDA sumarase activamente á mobilización do xoves 21 (como así o ten feito nos 25 anos de existencia na cidade de Vigo) acudindo novamente á respaldar a un sector esencial para o desenvolvemento socioeconómico da nosa comarca cíclicamente amenazado nos últimos 20 anos.

A secretaría local de emprego de ESQUERDA UNIDA lembra que estamos ante un sector que actualmente ten escasamente en activo en torno a 1500 empregados, estando o resto en expedientes temporais de regulación de emprego e estando fóra do sector por ERES de extinción, peches ou despidos miles de traballadores e traballadoras. Pero que foi un sector que en 2008 e 2009 empregaba case a 10.000 personas na nosa comarca. EU coñece o que aconteceu en comarcas como Ferrolterra, Xixón ou Cádiz cando a crise do sector expulsou a miles de traballadores e traballadoras do mesmo provocando unha crise económica, social e de despoboamento que aínda hoxe é endémica.

EU chama a cidadanía viguesa a volcarse co sector e especialmente este 21 de xullo , aos traballadores doutros sectores, ao movemento veciñal a asociativo, ao movemento 15M e os indignados que exemplarmente mobilizaráronse pola democracia real, porque democracia real tamén é a democracia económica e o dereito a que Vigo e Galicia tamén teñan industria productiva e xeneradora de emprego.

Fai click aquí para descargar a octavilla de EU sobre o sector naval

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: