ASEMBLEA ABERTA DE EU-VIGO

Prezados compañeiros, simpatizantes amigos e amigas:

Esquerda Unida vén de acordar desenvolver a Convocatoria Social para unha Alternativa Programática para construír de maneira colectiva un Novo Programa Político de Esquerda, o noso programa electoral para as eleccións xerais do vindeiro ano.

Esta Convocatoria Social constitúe unha ferramenta de traballo para achegarnos e relacionármonos cos sectores sociais que obxectivamente conforman a base social da que pode xurdir unha ALTERNATIVA e, xa que logo, cómpre que adiquemos tempo e traballo para conquerir unha moi ampla participación na nosa asemblea para este proceso.
Para realizar este traballo convocámoste a unha ASEMBLEA LOCAL ABERTA o vindeiro MÉRCORES 20 DE XULLO ás 19:30 horas na Sede Comarcal de Esquerda Unida (Porta do Sol 11 Bis entrechán)

Trataremos de propiciar ao máximo a participación de cantas persoas e colectivos estean interesadas en producir un novoprograma político que exprese os intereses e demandas das mulleres e homes de esquerdas: activistas sociais, sindicalistas, traballadoras e traballadores do sector cultural, profesionais, etc., en resumo, metabolizar de maneira colectiva as complicidades e acordos tecidos ao abeiro do proceso da refundación, do lanzamento das mesas de converxencia, das loitas sociais e da folga xeral na que participamos para producir un novo coñecemento político, social e cultural que se plasme nun novo programa político. No documento de traballo interno que se achega xunta a esta circular encontraredes un conxunto de 15 preguntas para orientar os eixos da nova elaboración programática e que deberá ser contestado e remitido á secretaría de organización nacional xunto co acta desa primeira xuntanza de traballo da vosa asemblea neste mes de xullo.

A situación actual no conxunto do Estado abre unha perspectiva anovada e esperanzadora para que as nosas propostas gañen peso e influencia social. As coincidencias obxectivas co movemento cidadán DEMOCRACIA REAL XA e a participación dunha parte da nosa militancia nel expresan as posibilidades de intervención social a prol dos intereses da maioría social traballadora. É tempo de transformar a indignación cidadá nunha acción política e social organizada que formule unha ALTERNATIVA PROGRAMÁTICA, que sirva para cambiar a realidade cotiá das persoas: que enfronte o desemprego, a falla de vivenda e a vaga de desafiuzamentos, a privatización e a erosión dos servizos públicos, a tiranía da banca e dos mercados financeiros, o secuestro da política e a desconexión entre representantes e representados. EU ten que pór todo o seu coñecemento e militancia para propiciar unha acción unitaria para construír un NOVO PROGRAMA POLÍTICO DE ESQUERDA que exprese a vontade transformadora de EU nas vindeiras eleccións xerais.
Temos que realizar unha ampla convocatoria ao noso entorno social e cultural para producir un espazo de debate e creación, que sexa quen de aglutinar no programático a cantas persoas arelan un cambio social alternativo. Esta Convocatoria Social constitúe un dos xeitos para dinamizar e mobilizar a nosa afiliación e simpatizantes, de xeito que poidamos permear aotraverso da nosa praxe e reflexión ao meirande número de persoas e colectivos.

Iniciamos un novo método para, sobre un eixo temático coñecer as vosas propostas que, con outros miles concretasenun Borrador de Programa para o seu posterior debate.Estes eixos a desenvolver serían:

1.- Como crear emprego?
2.- Que medidas habería que adoptar para conseguir unha democracia real ?
3.- Como resolver o déficit público?
4.- Como actuar ante os embargos das vivendas?
5.- Como impulsar a economía real?
6.- Como defender o sistema público de pensións?
7.- Como avanzar na igualdade de xénero?
8.- Que gasto social deberían ter as administracións do estado?
9.- Como actuar ante a débeda externa privada das institucións financeiras?
10.- Como actuar para conseguir un cambio do actual modelo produtivo?
11.- Como conseguir a autonomía financeira das administracións locais?
12.- Como reorientar a actual política da Unión Europea para conseguir a
cohesión social e territorial?
13.- Como garantir un bo futuro para a mocidade?
14.- Que política exterior, de cooperación e de seguridade debería ter o estado?
15.- Que proceso deberiamos impulsar para conseguir a instauración da República como modelo de estado?

Sobre estes interrogantes iniciais expomos o debate, para que sexan ampliadas, concretadas, levadas á concreción en cada sector, en cada lugar, para construír unha ALTERNATIVA con quen queiran construír un camiño cara á transformación social.

As vosas opinións enlazaranse a miles de opinións mais para entre todas e todos defender e mobilizar o PROGRAMA ALTERNATIVO AO NEOLIBERALISMO

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: