ESQUERDA UNIDA DE VIGO SÚMASE A DENUNCIA DA VISITA DE BENEDICTO XVI NO DÍA DO ORGULLO LÉSBICO-GAI-TRANS-BIS (LGTB) 2011

Para a ÁREA DE LIBERDADE DE EXPRESIÓN AFECTIVO-SEXUAL DE ESQUERDA UNIDA (ALEAS) a visita do papa en agosto ao Estado español para participar no macro-despilfarro de cartos públicos que é a Xornada Mundial da Mocidade supón un gran acto de defensa das políticas de homofobia, bifobia, lesbofobia, transfobia, e o heterosexismo que practican este papa e a súa xerarquía.ESQUERDA UNIDA denuncia que a pesar que dende os grandes partidos insístesenos constantemente en que é necesario “apertarse o cinto”, é dicir, resignarse, parece que hai unha distinta vara de medir e que hai gastos que son irremediablemente necesarios, como é o recibir a Benedito XVI, o cal demostra os privilexios da Igrexa católica na axenda política, na lexislación e en moitos máis aspectos. Neste novo Orgullo temos moito que demandar, máis razóns para rebelarnos, indignarnos e pasar á ofensiva.

O próximo mes de agosto, ten lugar a celebración en Madrid da Xornada Mundial da Mocidade (JMJ), coa presenza do Papa Benedito XVI, cun custo estimado de 50 millóns de euros e co financiamento de empresas como o Banco Santander, o grupo Présa, ou Iberdrola, cuxos donos son os actuais culpables da crise económica e aqueles que esixen que as transmaribibolleras nos “apertemos o cinto”. A súa colaboración será recompensada mediante desgravacións fiscais, e o acto será cualificado como un “acontecemento de excepcional interese público”.

Tanto o Concello como Comunidade de Madrid e o Estado comprometéronse a financiar tanto a seguridade do evento así como lla disposición de colexios públicos. Todas xa sabemos que a institución eclesiástica practica activamente a homofobia, bifobia, lesbofobia, transfobia, e o heterosexismo, sinalando e discriminando a todo aquela persoa que se escape da norma, aínda que non compartan a súa mesma fe. A saúde non escapa das súas dogmas, e así Benedito XVI non ten ningún pudor en negar a efectividade do preservativo fronte ao VIH, con todos os riscos que supón que unha figura de autoridade esgrima argumentos deste tipo. Todo iso a través dunha posición de poder que ten a Igrexa católica no noso país, non comparable con outros países da Unión Europea. Sen dúbida, herdanza do franquismo que nin o PP nin o PSOE quixeron tocar. Por suposto que a Igrexa católica non vai renunciar tan facilmente a todo o que foi seu durante moito tempo: a capacidade de someter ás persoas, sobre todo ás mulleres e as transmaribibolleras ás súas dogmas a través de diversos métodos derivados dos seus privilexios.

Isto tradúcese en considerar un modelo de sexualidade adecuada, exterminando e rexeitando todas aquelas posibilidades de vivir unha sexualidade diferenciada e afastada de fins meramente reprodutivos. As persoas bisexuais e/ou transexuais, por exemplo, foron perseguidas durante moito tempo nas súas cruzadas católicas, e non hai máis que lembrar o papel da Igrexa durante o corenta anos de ditadura franquista e o trato que han ir tendo as vítimas e a invisibilización de moitas das súas experiencias baixo o réxime.

O alarmante é que as relacións co Estado non cambiasen demasiado e que mesmo se chegue criminalizar a activistas que denuncian os privilexios eclesiásticos, como sucedeu coa acción-protesta da capela do campus de Somosaguas na Universidade Complutense de Madrid. Por isto e por máis, é necesaria unha profundización democrática no relativo aos dereitos e liberdades relixiosas de toda a cidadanía, así como a constitución dun Estado laico, o que implicaría unha reforma constitucional. En todo momento falamos da xerarquía, que non da comunidade cristiá en si. Ás transmaribibolleras estásenos cargando coas consecuencias dunha crise que non causamos, dun déficit de democracia e dun modelo de estado arcaico. Parécenos un atentado aos nosos dereitos que se financie a LGTB-fobia con diñeiro público e que á súa vez, déixesenos sen curro e sen casa baixo a escusa de que nos temos que “apertar o cinto”. Unha vez máis, tócanos saír ás rúas e esixir que non nolo imos a apertar e que non imos pagar nin esta crise nin máis eventos nin institucións que promovan o odio e as fobias cara ás nosas vidas.

Desde ALEAS- EU consideramos que é necesario un orgullo máis crítico, reivindicativo e de esquerdas que nunca, pois a situación social e política non nos deixa doutra. É hora de volver demostrar que non nos conformamos co que xa temos e que non imos retroceder nin un paso atrás. Porque é inadmisible que a visita do Papa custe cen veces máis que a celebración de Orgullo LGTB, mentres os índices de homofobia, bifobia, lesbofobia e transfobia non deixan de aumentar nas aulas dos nosos institutos e colexios. Porque é necesario un reforzamento dos servizos públicos fronte ás privatizacións que nos someten a unha maior exclusión, así como o fin dos concertos con colexios católicos. Porque non queremos máis LGTB-fobia nin unha vida inmersa na precariedade. Porque as transmaribibolleras tamén somos clase obreira.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: