ESQUERDA UNIDA MANTIVO UNHA XUNTANZA COA UXT

 

Rubén Pérez, cabeza de lista de Esquerda Unida nas próximas eleccións municipais, acompañado de Eva Solla (nº2 candidatura), reunironse onte día 18 de Maio coa Executiva Comarcal de UXT na Comarca de Vigo no seu local sito na rúa viguesa Heraclio Botana.

Rubén explicou as propostas de Esquerda Unida encamiñadas á remunicipalización das empresas públicas anteriormente privatizadas polos sucesivos gobernos do Concello e á creación de novas empresas públicas, por exemplo de aproveitamento forestal, que de saída aos miles de parados da nosa cidade. Plantexou tamén o modelo de participación cidadá que propón Esquerda Unida para o Concello.

Por outra banda, Rubén reseñou o importante crecemento que mantivo Esquerda Unida nos últimos anos e meses que permitiu os bos pronósticos que indican a entrada na corporación municipal. No tocante aos sindicatos, Pérez apelou á unidade sindical como único recurso para facer  fronte aos recortes de dereitos no ámbito laboral e destacou o preocupante descrédito da clase política e do sindicalismo en España.

Dende UXT, coincidiron no agravio económico que supuxeron as privatizacións para Vigo e tamén na necesidade de buscar novos nichos de traballo para dar saída á crise. Reflexaron a preocupación ante un posible goberno de dereitas pero tamén a procupación polas medidas tomadas polo goberno local actual, que nos levou á situación económica e social na que estamos.

Esquerda Unida e UXT coincidiron na importancia que tería a presencia da esquerda real no noso Concello. Rubén Pérez animou a depositar a confianza na candidatura de Esquerda Unida como garante de que non gobernará a dereita nin as políticas de dereitas en Vigo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: