ESQUERDA UNIDA DEFENDE OS DEREITOS DOS INMIGRANTES POR UNHA REAL E PLENA CIDADANÍA

Para Eva Solla, nº 2 da candidatura de Esquerda Unida, o Concello de Vigo ten que ter un papel determinante na xestión das políticas de cohesión social, con especial énfase naquelas que os colectivos considerados máis “vulnerables” como é o caso da inmigración estranxeira, que desempeñou unha función moi importante no desenvolvemento económico, demográfico, social, cultural e de contribución ao mantemento do Estado de Benestar da nosa cidade.  

Estes carecen dalgúns dereitos básicos e de instrumentos de participación nas institucións democráticas e nos seus órganos de decisión, e están a ser obxecto de accións discriminatorias que sustentan a súa exclusión social e o rexeitamento das poboacións de acollida, á vez que padecen as  condicións máis extremas de explotación laboral, están a ser os mais castigados pola  crise económica actual e  son o último elo na loita de clases.

Dende Esquerda Unida esiximos dereitos (de aí a nosa loita contra a actual Lei de Estranxeiría) e opómonos a un tratamento  diferenciado que “guetice” aos colectivos de traballadores e traballadoras inmigrantes e xere agravios comparativos cos sectores máis “desfavorecidos” das poboacións traballadoras ou doutras minorías autóctonas, para as que igualmente estamos a reclamar condicións de vida e de traballo acordes cos recursos das nosas sociedades.

As medidas que propomos , entre outras, son as seguintes:

• Acceso aos Servizos Sociais Municipais de todas as persoas empadroadas, sen distinción algunha.

• Crear sistemas de atención a inmigrantes, para a súa orientación en todos os ámbitos (administrativo, laboral, cultural…), a aprendizaxe do idioma, cando sexa necesario, a mediación para a atención nos servizos comúns das mulleres vítimas de malos tratos ou sometidas á prostitución, etc.

• Promover a súa inserción nos plans de formación e emprego, con seguimento da súa evolución e non discriminación neste ámbito.

 • Facilitar a utilización de espazos públicos para reunións e actos festivos ou culturais, e o acceso a instalacións deportivas e outros lugares de lecer e relación social.

Articular plans e medidas que contrarresten as dificultades que por razón de orixe, sexo, etnia, cultura ou relixión poidan ter estes colectivos para acceder ao aluguer no mercado de vivendas privado.

Facilitar o empadroamento dos inmigrantes que habitan no Municipio, con independencia da súa situación administrativa respecto da Lei de Estranxeiría; xa que é un factor clave para o acceso aos servizos e aos sistemas públicos de educación e atención á saúde, entre outros.

• Crear ou fomentar espazos culturais onde conflúan a mocidade inmigrante e a local mediante plans en colexios e institutos ou outros ámbitos para o desenvolvemento da convivencia e a interculturalidade.

Regular a venda ambulante, tamén é competencias das Administracións locais, deben ser máis flexibles (especialmente nas grandes cidades e localidades).

Formar á policía local en materia de dereitos e tratamento das minorías, e a erradicación de condutas racistas e xenófobas.

Outras cuestións que afectan á poboación inmigrante, todas elas da máxima importancia, como o emprego, a loita contra o tráfico de seres humanos e a sobreexplotación laboral, o reagrupamiento familiar, a documentación dos “inexpulsables”, a acollida de menores, as políticas educativas, etc., xunto coa defensa do recoñecemento dos dereitos universais básicos e do dereito de sufraxio activo e pasivo, polo menos nas eleccións municipais; así como as políticas cara aos países de orixe, forman parte dos nosos programas e actuacións combinadas nos distintos ámbitos de decisión (Europa, Estado, CC.AA…).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: