ESQUERDA UNIDA APOSTA POR UNHA CULTURA ALTERNATIVA DE DEPORTES

Para Roi Rodríguez, nº 3 da candidatura de Esquerda Unida, o deporte converteuse nun fenómeno social. Pero a promoción do deporte de élite non debe ser función dos concellos, o que si é a súa función é potenciar a actividade deportiva da poboación, organizar escolas de iniciación, ofertar a aprendizaxe de disciplinas deportivas ou organizar competicións deportivas de face á formación de nenos/as e novos ou favorecer un lecer  saudable para as persoas adultas ou a terceira idade.

 Para Esquerda Unida a consideración do deporte e da actividade física como un dereito converteu en necesidade actividades como a natación e provocou que o ámbito asociativo con maior número de participantes sexa o deportivo. Como consecuencia diso as piscinas cubertas pasaron de ser instalacións de luxo a equipamento de primeira necesidade. O mesmo cabe dicir dos ximnasios.

 Por todo iso, porque consideramos que os municipios son o ámbito ideal para a promoción dun lecer saudable, Esquerda Unida quere realizar unha forte aposta polo deporte municipal:

 • Implantando unha rede de equipamento deportivo ao longo de todo o termo municipal. 

• Deseñando pavillóns deportivos cubertos xunto a colexios e institutos co fin de optimizar o seu uso dedicándoos a fins educativos durante a xornada escolar e a fins de lecer e promoción fose do horario escolar.

• Programando escolas deportivas do maior número de especialidades dirixidas tanto á infancia como á mocidade, ás persoas adultas e á terceira idade.

 • Creando un sistema de competicións deportivas no ámbito infantil e escolar antepondo o educativo cooperativo ao meramente competitivo, favorecendo a non discriminación e fomentando o acceso ao deporte de todos e de todas independentemente das cualidades físicas. 

Ofrecendo ás persoas adultas actividades deportivas como alternativa de lecer: ximnasios, competicións. 

• Fomentando actividades específicas para discapacitados e outras que permitan a súa integración co resto da poboación. 

• Deseñando actividades para a terceira idade en coordinación cos servizos de saúde. 

• Procurando desenvolver experiencias de coxestión con entidades deportivas locais sen ánimo de lucro, co fin de fomentar a participación da sociedade organizada na xestión municipal.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: