ESQUERDA UNIDA REÚNESE COA ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS “PROXECTO GATO”

O pasado 14 de Maio, Rubén Pérez candidato á alcaldía e Nair Rodríguez, nº 4 da candidatura mantiveron unha xuntanza con Susana, Coordinadora da Asociación Protectora de Animais Proxecto Gato.

 Proxecto Gato é unha asociación sen ánimos de lucro que leva dende o ano 2008 traballando coa finalidade de controlar e mellorar a calidade de vida do animais e na defensa dos seus dereitos e que poidan vivir en condicións dignas aqueles que non teñen fogar especialmente os gatos, animais que ata o intre en que elas apareceron non tiñan ningún sistema de protección na cidade de Vigo.

 Susana, expuso o actual abandono no que se atopan por parte do Concello de Vigo, especialmente por parte da Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo, representada por Chus Lago que cancelou ó convenio en marzo de 2011 que daba soporte aos gastos básicos de mantemento da protectora Proxecto Gato sen previo aviso. Feito agravado pola forma na que se fixo público, que non foi outra que a través dos medios de comunicación.

 Na actualidade a labor de Proxecto Gato vese perigrar pola falta de medios económicos e a falta de vontade do Concello actual que sustitúe políticas sociais, como os dereitos dos animais, por inversións rentables para a súa imaxe. 

Esquerda Unida expuso a súas políticas no ámbito dos dereitos dos animais, como as que promoven a creación de espazos zoosanitarios e a eliminación do concepto actual de zoolóxicos entre outras, e o seu compromiso coa financiación e apoio das asociacións e protectoras de animais como Proxecto Gato que traballen dende unha óptica amplia de defensa dos dereitos do animais a unha vida digna no seu hábitat e o fomento da educación da cidadanía neste ámbito.

Como din na súa web. “Pódese medir o nivel de educación cultural dun país polo trato que reciben os seus animais”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: